Saltar ao contido

Teodoro II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeodoro II Godunov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1589 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1605 Editar o valor en Wikidata (15/16 anos)
Kremlin de Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, asfixia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro da Trindade-São Sérgio (pt) Traducir
Q4104005 Traducir Editar o valor en Wikidata
Cargos
Tsar de Rusia desde o 23 de abril de 1605 ata o 11 de xuño de 1605
Actividade
Campo de traballoCartografía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncartógrafo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloTsar of All Russia (en) Traducir (1605–1605) Editar o valor en Wikidata
FamiliaGodunow Editar o valor en Wikidata
PaisBoris Godunov Editar o valor en Wikidata  e Maria Skuratova-Belskaya Editar o valor en Wikidata
IrmánsXenia Borisovna da Rússia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir
Grande Enciclopedia Yuzhakov Editar o valor en Wikidata

Teodoro II Borisovich Godunov (en ruso: Фёдор II Борисович), nado en Moscova o 10 de xuño de 1589 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1605, foi tsar de Rusia. A súa morte deu comezo ao Período Tumultoso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O mapa de Rusia, editado por Hessel Gerritsz.

Foi o fillo e sucesor do tsar Boris Godunov. A súa nai, María Grigorievna Skuratova-Beslskaya, foi unha das fillas de Malyuta Skuratov, a favorita de Iván o Terrible.

Fisicamente robusto e moi querido polo seu pai, recibiu a mellor educación posible para os seus días, e desde a infancia foi iniciado en todas as minucias do goberno, asistindo regularmente á Duma e recibindo a diplomáticos estranxeiros. Tamén parece que tiña unha boa intelixencia, creando el só un mapa de Rusia, que aínda se conserva.[1]. Este mapa foi editado con algunhas adicións por Hessel Gerritsz en Ámsterdam, no ano 1613 e reeditado ata 1665.

Trala repentina morte do seu pai Boris Godunov, foi proclamado tsar con 16 anos o 13 de abril de 1605. Mentres que o seu pai tomou as precaucións de rodearse de poderosos amigos, Teodoro viviu desde o primeiro momento do seu reinado nunha atmosfera de traizón. O 11 de xuño de 1605, os enviados de Demetrio o Falso chegaron a Moscova para reclamar a súa retirada, e as cartas lidas na Praza Roxa decidiron o seu destino. Un grupo de boiardos fixéronse co control do Kremlin e arrestaron o tsar.

Entre o 10 e o 20 de xuño, Teodoro foi esganado coa súa nai no seu apartamento. Oficialmente, díxose que foi envelenado, pero o diplomático sueco Peter Petreius, decatouse de que os corpos mostraban sinais dun esganamento violento.[2].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 
  2. Peter Petreius de Erlesund: Historien und Bericht von dem Groszfürstentumb Muschkow, Leipzig, 1630
Predecesor:
Boris Godunov

Tsar de Rusia

1605 - 1605
Sucesor:
Demetrio II de Rusia