Saltar ao contido

Nicolao Nikolaevich de Rusia (1831–1891)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolao Nikolaevich de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай Николаевич Старший Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1831 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tsarskoe Selo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 1891 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Alupka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLíder militar e exército Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarEngenharia militar (pt) Traducir, Cabalaría e Infantaría Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral field marshal (en) Traducir (1878 (Xuliano)–) Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Life Guard Uhlan Regiment of Her Majesty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra da Crimea Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlexandra de Oldemburgo (1856, 1856–) Editar o valor en Wikidata
FillosNicolau Nikolaevich, Pedro Nikolaevich da Rússia Editar o valor en Wikidata
PaisNicolao I de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Alexandra Feodorovna Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Nikolaevna de Rusia
Olga Nikolaevna de Rusia
Alexandra Nikolaevna de Rusia
Gran Duquesa Sabela Nicholaevna de Rusia
Miguel Nicolaievich de Rusia
Constantino Nikolaevich de Rusia
Alexandre II de Rusia Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Романов-2 Find a Grave: 192347885 Editar o valor en Wikidata

Nicolao Nikolaevich Romanov (en ruso: Николай Николаевич) nado en Tsarskoe Selo o 27 de xullo de 1831 e finado en Alupka o 13 de abril de 1891, foi un Gran Duque de Rusia. Sexto fillo do tsar Nicolao I de Rusia e da tsarina Carlota de Prusia. Tamén é coñecido como Nicolao Nikolaevich o Vello para diferencialo do seu fillo Nicolao Nikolaevich o Mozo. Adestrado para o exército, comandou ao exército ruso do Danubio como mariscal de campo durante a Guerra Ruso-Turca (1877-1878).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron moi cariñosos con cada un dos seus fillos, aos que deron unha excelente educación. O tsar preparou a Nicolao para unha carreira no exército. O mesmo día do seu nacemento foi nomeado coronel honorario da Garda de Lanceiros e foi enlistado na Garda de Zapadores.[1] Soldado a maior parte da súa vida, entrou por primeira vez en combate durante a Guerra de Crimea, cando contaba cunha vintena de anos. Alí, participou na batalla de Inkerman (1854).[2] O Gran duque Nicolao Nikolaevich mostrou un especial interese na enxeñaría militar. En 1856, foi nomeado Inspector xeral de enxeñeiros e, en 1864, converteuse en comandante da Garda Imperial. En 1873, acompañou ao seu irmán, Alexandre II, a Berlín á reunión do tres emperadores: de Rusia, Alemaña e Austria.

A cima da súa carreira foi a Guerra Ruso-Turca (1877-1878), cando foi nomeado comandante en xefe dos exércitos rusos do Danubio, a pesar de que a súa reputación como estratego era moi mala. O Gran Duque non tivo ningunha distinción particular nos éxitos iniciais no conflito, os cales foron seguidos por terribles reveses cando o exército estivo baixo as súas ordes. Trala expulsión das tropas rusas de Rumelia e os ataques errados á cidade de Pleven, Nicolao Nikolaevich foi apartado do mando, aínda que en teoría mantívose no seu posto. A vitoria dos seus subordinados permitiulle participar no éxito en Adrianópolis e no tratado de San Stefano; pero cando terminou a guerra, foi criticado por non apoderarse de Constantinopla, cando o seu cuartel xeral xa estaba establecido en Adrianópolis. O Gran Duque tamén sufriu a gran vergoña de ser acusado de irregularidades financeiras, de recibir subornos e malversar diñeiro do goberno.

A pesar desta situación, o seu irmán o tsar Alexandre II promoveu a carreira de Nicolao Nikolaevich e nomeouno comandante da rexión militar de San Petersburgo. Finalmente, recibiu o rango de mariscal xeral de campo, inspector xeral de cabalaría e inspector xeral das forzas de enxeñeiros rusos. Nicolao Nikolaevich non só foi unha figura militar influente, senón que tamén serviu no Consello de Estado.

Gran Duque de Rusia

[editar | editar a fonte]

Alto, forte e cunha longa e delgado nariz, Nicolao Nikolaevich non era nin moi guapo nin intelixente. Era un incrible mullereiro, "amaba a todas as mulleres, excepto á súa esposa", como escribiu un contemporáneo. Gozaba da vida do exército, da caza[3] e era un coñecido gourmet. Tamén era un experto en gando bovino, cans de puro sangue, cabalos de cría e na pesca. Na súa luxosa residencia de San Petersburgo, o Palacio Nikolaievski, construído entre 1853 e 1861, os cabalos eran un dos seus temas favoritos de conversación. O gran duque Nicolao tomou grande interese na xestión das súas leiras, pero non era capaz de inspirar afecto, mesmo entre os máis próximos a el.[3]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]
Alexandra Petrovna a súa esposa.

Nicolao Nikolaevich casou de mala gana coa súa curmá segunda, a Gran duquesa Alexandra Petrovna, antes princesa Alexandra de Oldenburgo (1838-1900), cuxa avoa paterna era unha filla do emperador Paulo I. A voda tivo lugar en San Petersburgo o 6 de febreiro de 1856. Alexandra era sinxela e non sofisticada, polo que ao pouco tempo, a parella deuse conta de que tiñan pouco en común. Tiveron dous fillos:

A súa amante Catarina Chislova c 1865.

O matrimonio tivo problemas desde o principio e, catro anos máis tarde, Nicolás comezou unha relación permanente con Catarina Chislova, unha bailarina do teatro en Krasnoe Selo (hoxe distrito de San Petersburgo). O Gran Duque outorgou un rango de aristócrata ao seu amante e os fillos ilexítimos da parella tomaron o apelido Nikolaiev (e non Romanov). O tsar Alexandre II fixo caso omiso da relación do seu irmán, pero aconselloulle ser discreto. A súa relación era bastante coñecida e tiveron cinco fillos:

  • Olga Nikolaevna Nikolaieva (1868-1950)
  • Vladimir Nikolaevich Nikolaiev (1873-1942)
  • Catalina Nikolaevna Nikolaieva (1874-1940)
  • Nicolao Nikolaevich Nikolaiev (1875-1902)
  • Galina Nikolaevna Nikolaieva (1877-1878)

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Nicolao estaba en Cannes cos seus dous fillos cando o seu irmán Alexandre II foi asasinado, volvendo inmediatamente a Rusia en marzo de 1881. O ascenso ao trono ruso do seu sobriño, Alexandre III, marcou o comezo da diminución de responsabilidades exercidas polo Gran Duque. Alexandre III non sentía simpatía algunha polo seu tío e este foi privado de toda a súa influencia. A súa autoridade diminuíu aínda máis cando foi involucrado nuns pedidos fraudulentos do exército. Cando o Gran duque tratou de explicar as súas accións na Nouvelle Revue de París, atacou indiscretamente aos funcionarios do goberno e aos comandantes militares e, finalmente, foi apartado do seu cargo. Alexandre III tamén o criticou as súas relacións extramatrimoniais.

Para entón, Nicolao vivía abertamente coa súa amante. A súa esposa deixouno en 1881 e trasladouse a Kíiv, pero a Gran Duquesa negouse a concederlle o divorcio que el desexaba. A parella de fillos adultos tomou partido pola súa nai, pero continuaron vivindo no palacio. Catarina Chislova solicitaba vehementemente a Nicolao que provese para ela e os seus fillos, razón pola cal pronto se arruinou e debeu hipotecar o seu palacio de San Petersburgo.[2] En 1882, Nicolao foi posto baixo supervisión debido á dilapidación da súa fortuna, e viviu como un cabaleiro nunha modesta casa.

Incapaz de conseguir o divorcio, o Gran Duque tiña a esperanza de sobrevivir á súa esposa e casar coa súa entón amante, pero foi Catarina Chislova quen morreu inesperadamente en Crimea, mentres que a gran duquesa Alexandra Petrovna sobreviviuno nove anos.[1] Pouco despois da morte do seu amante, Nicolao toleou; enfermou dun cancro de boca que se estendeu ao seu cerebro. Sufriu de alucinacións e estaba convencido de que todas as mulleres namorábanse del. Durante unha presentación de ballet, o Gran Duque chegou a atacar a un mozo bailarín que cría que era unha muller. En 1890, Nicolao foi declarado demente e encerroullo en Crimea. Faleceu en Alupka, un ano despois. A reputación do Gran Duque na corte imperial era mala e a súa morte non foi moi sentida. Dilapidara toda a súa enorme riqueza e o seu palacio foi vendido inmediatamente para cancelar as súas inmensas débedas.[1]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Belyakova, Zoia (1994).
  2. 2,0 2,1 Chavchavadze, David (1989).
  3. 3,0 3,1 Zeepvat, Charlotte (2004).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]