Miguel Nicolaievich de Rusia
Aparencia
Miguel Nicolaevich de Rusia, nado o 13 de outubro de 1832 e finado o 18 de decembro de 1909, foi o cuarto fillo de Nicolao I de Rusia e Carlota de Prusia e como tal obstentou o título de Gran Duque de Rusia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mariscal de campo da Mariña Imperial Rusa. De 1862 a 1882 residiu en Tbilisi como Gobernador Xeral do Cáucaso, durante a Guerra Ruso-Turca de 1877-1878 foi o comandante en xefe das tropas imperiais rusas no Cáucaso. En 1881 o emperador Alexandre III de Rusia nomeouno presidente do Consello de Estado.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou o 16 de agosto de 1857 coa princesa Icía de Baden, filla do gran duque Leopoldo I de Baden e Sofía de Suecia, quen adoptou o nome de Olga Fedorovna, e coa que tivo sete fillos:
- Gran duque Nicolao Mikhailovich de Rusia (1859-1919)
- Gran duquesa Anastasia Mikhailovna de Rusia (1860-1922)
- Gran duque Miguel Mikhailovich de Rusia (1861-1929)
- Gran duque Xurxo Mikhailovich de Rusia (1863-1919)
- Gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia (1866-1933)
- Gran duque Sergei Mikhailovich de Rusia (1869-1918)
- Gran duque Alexei Mikhailovich de Rusia (1875 - 1895)
Devanceiros
[editar | editar a fonte]Devanceiros de Miguel Nikolaevich Romanov
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Darryl Lundy (10 de maio de 2003). thePeerage.com, ed. "Genealogia del granduca Michail Nikolaevič Romanov". Consultado o 14 de setembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ZEEPVAT, Charlotte, "The Camera and the Tsars", Sutton Publishing, 2004
Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Nicolaievich de Rusia ![]() |