Millard Mitchell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1903 A Habana, Cuba |
Morte | 13 de outubro de 1953 (50 anos) Santa Monica (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1931 - 1953 |
Premios | |
|
Millard Mitchell, nado na Habana (Cuba) o 14 de agosto de 1903 e finado en Santa Monica (California, Estados Unidos) o 13 de outubro de 1953 foi un actor estadounidense que participou nuns trinta títulos cinematográficos e en dous televisivos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido na Habana, Mitchell apareceu en oito filmes entre 1931 e 1936. Volveu ao cine en 1942 tras unha ausencia de seis anos.
Pola súa actuación no filme de 1952, My Six Convicts, Millard Mitchell gañou o Globo de Ouro ao mellor actor secundario. Mitchell é tamén coñecido por outros dous papeis: o superior de Gregory Peck no drama bélico de 1949 Twelve O'Clock High e o magnate da industria cinematográfica "R.F. Simpson" na comedia musical de 1952 Singin' in the Rain.
Mitchell faleceu aos cincuenta anos a causa dun cancro de pulmón en Santa Monica (California), e foi enterrado no cemiterio Holy Cross, en Culver City, no mesmo estado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Millard Mitchell |