Milii Balakirev
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Milij_Aleksejevi%C4%8D_Balakirev_%28%D0%9C%D0%B8%D0%BB%D0%B8%D0%B9_%D0%90%D0%BB%D0%B5%D0%BA%D1%81%D0%B5%D0%B5%D0%B2%D0%B8%D1%87_%D0%91%D0%B0%D0%BB%D0%B0%CC%81%D0%BA%D0%B8%D1%80%D0%B5%D0%B2%29.jpg/220px-Milij_Aleksejevi%C4%8D_Balakirev_%28%D0%9C%D0%B8%D0%BB%D0%B8%D0%B9_%D0%90%D0%BB%D0%B5%D0%BA%D1%81%D0%B5%D0%B5%D0%B2%D0%B8%D1%87_%D0%91%D0%B0%D0%BB%D0%B0%CC%81%D0%BA%D0%B8%D1%80%D0%B5%D0%B2%29.jpg)
Milii Alekseevich Balakirev (en ruso: Милий Алексеевич Балакирев), nado en Nizhnii Novgorod en 1837 e finado en San Petersburgo en 1910, foi un compositor ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia humilde, traballou na adolescencia para Oulibichev, autor dunha biografía de Mozart, e quen lle confía a dirección da súa banda. Logo de facer un curso universitario de matemáticas, marchou a San Petersburgo cheo de ardor patriótico, en 1855 coñece a Mikhail Glinka, precursor da música rusa, cofundador da Escola Libre de Música (1862) e do grupo coñecido como o dos cinco (Могучая Кучка), formado por compositores autodidactas como el: César Cui, Alexander Borodin, Modest Musorgskii e Nikolai Rimskii-Korsakov, Balakirev é a alma do grupo e quen supervisa e corrixe os traballo dos seus amigos. A partir de 1862 percorre o Cáucaso e Crimea e recompila numerosas páxinas de música tradicional.
É autor de dúas sinfonías, dous poemas sinfónicos (Rusia e Tamara), catro aberturas e numerosas pezas de piano, entre as que destaca Islamey: unha fantasía oriental
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milii Balakirev |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |