Minnie Riperton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1947 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de xullo de 1979 (31 anos) Cedars-Sinai Medical Center, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | cancro de mama |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Hyde Park Academy High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante, cantautora, artista discográfico |
Período de actividade | 1962 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Soul |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Chess Records Capitol Records Epic Records |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Rudolph |
Fillos | Maya Rudolph |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | minnieriperton.com |
Minnie Julia Riperton Rudolph,[1] nada o 8 de novembro de 1947 en Chicago, Illinois, e finada o 12 de xullo de 1979,[1] coñecida profesionalmente como Minnie Riperton, foi unha cantautora estadounidense máis coñecida polo seu sinxelo de 1975 Lovin' You. Era coñecida polo seu estilo de canto R&B.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Riperton naceu en Chicago, filla de Thelma e Daniel Riperton, un porteiro de Pullman.[2] Era a máis nova de oito fillos. Foi criada nunha familia de músicos. Abrazou as artes cedo; aínda que comezou co ballet e a danza moderna, os seus pais recoñeceron as súas habilidades vocais e musicais e animárona a dedicarse á música e á voz.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casada co compositor e produtor musical Richard Rudolph desde 1972 ata a súa morte en 1979. Tiveron dous fillos: o enxeñeiro musical Marc Rudolph e a actriz e comediante Maya Rudolph[3]. Morreu de cancro de mama aos 31 anos o 12 de xullo de 1979.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Minnie Riperton (1947-1979) - Find a Grave...". www.findagrave.com (en inglés). Consultado o 2022-06-15.
- ↑ "Minnie Riperton". blackamericaweb.com (en inglés).
- ↑ Dzhei. I. Ti.--, Sofia (1951). "Jet: 2004.". Jet : 2004. (en inglés). ISSN 0021-5996.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minnie Riperton |