Miquel Garriga i Roca
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1808 ![]() Alella, España ![]() |
Morte | 14 de outubro de 1888 ![]() Barcelona, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cementiri del Poblenou ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, urbanista ![]() |
![]() |
Miquel Garriga i Roca, nado en Alella en 1804 e finado en Barcelona en 1888, foi un arquitecto e urbanista catalán, fillo e neto de arquitectos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu período de arquitecto municipal de Barcelona, no ano 1858 realizou o levantamento dun plano topográfico do interior da cidade a escala 1:250, chamado popularmente «Quarterons Garriga i Roca». Tamén fixo uns planos topográficos de El Masnou, un en 1849 e outro no ano 1850.
Proxectou un plan para o Eixample barcelonés no ano 1857, que a pesar de ter sido aprobado, ao final realizouse a idea que presentou Ildefons Cerdà.
A súa obra máis famosa foi a construción do Gran Teatre del Liceu no ano 1845 sobre un antigo convento trinitario e inaugurado en abril de 1847.
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- Revista Boletín Enciclopédico de Nobles Artes, varios artigos entre 1846 e 1847.
- Monografía del monasterio de Santa María de Junqueras de Barcelona en 1854.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1841 La Peixateria, lugar para a venda de peixe en Mataró
- 1845 Casa do concello neoclásico de Masnou, por encargo do alcalde Joan Rubis.
- 1847 Casa Fontrodona. Residencia de Àngel Guimerà na rúa Petritxol, en Barcelona.
- 1860 Cemiterio municipal de Masnou.
- 1860 Casa Farguell na praza Santa Anna, en Barcelona.
- 1864 Casa Martí i Fàbregas. Reformas dunha casa do século XVIII da rúa Portaferrisa de Barcelona.
- 1867 Fachada da casa do concello de Mataró.
- 1868 Reformas na Casa da Cidade de Barcelona
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tomo 9 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona, Edicions 62. ISBN 84-297-5437-7.