Miranda, Castroverde
Miranda | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Miranda | |
Concello | Castroverde[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°58′03″N 7°19′21″O / 42.96763685, -7.32247306 |
Poboación | 46 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tres brazos do río Tordea (zonas de Paraxe-Agueiras, Revouta-Lalín-Porto e o do Arroxo).
Malia contar cunha soa entidade de poboación, existen 16 barrios: Airexe, Cima de Vila, Corral, Pousada, Lalín, Arroxo, Porto, Agueiras, Agro, Tras da Queimada, Rixuana, Paraxe, Castro, Val, Revouta e Serra.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existen restos dun poboado castrexo (tapado). A igrexa parroquial de Santiago é posibelmente de orixe románica, coa famosa Virxe das Dolores. O pazo de Soutomoumille foi construído en 1920. A zona de Revouta, Lalín e o Arroxo (con dous muíños de auga comunicados por un acueduto de pedra que cruza o río), posíbel zona de minas romanas nas zonas do río que ven de Agustín (hoxe xa tapadas), camiño romano das Agueiras que vai a Tordea. O antigo colexio deixou de funcionar como tal na transición, e agora fai as funcións de casa da cultura.
Antigamente celebrábase unha feira en Miranda.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas de Miranda celébranse na honra da Virxe das Dores, coincidindo coa fin de semana posterior ó 20 de setembro.
Celébrase unha romaría na ermida de Outeiro de Vellas polo Santo Sartego.
Miranda na cultura popular
[editar | editar a fonte]Refrán
[editar | editar a fonte]"Se vas a Miranda leva o pan na manga e un cuchilo pra cortalo"
Cantiga
[editar | editar a fonte]"Se che preguntan quen canta quen carallo vai cantar somosché os de Miranda que che vimos do San Blas"
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Miranda, Castroverde.
-
Vista dende a serra
-
Carballeira
-
Inverno
-
Camiño do agro
-
Igrexa parroquial de Miranda
Escolma histórica
[editar | editar a fonte]| |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Miranda
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Miranda no concello de Castroverde (Lugo) | |
---|---|