Mirrored é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock experimentalBattles, publicado o 14 de maio de 2007 no Reino Unido e o 22 de maio nos Estados Unidos a través do selo Warp Records. Esta é a primeira vez que o grupo incorpora voces destacadas e letras nas súas cancións, xa que o seu anterior EP era completamente instrumental (á parte do beatboxing nos temas "Dance" e "Fantasy" e as voces sen palabras en "B + T", "IPT-2" e "BTTLS"). O primeiro sinxelo do álbum, "Atlas", foi editado no Reino Unido o 2 de abril de 2007, e foi usado no xogo da PlayStation 3LittleBigPlanet, no nivel "The Construction Site". Tamén foi usado nos programas da televisión británica Skins, Top Gear e Torchwood, ademais de por Honda para o seu Civic Type R europeo. Mirrored apareceu nas listas de mellores álbums de 2007 de varias publicacións, como Time, NME, The Guardian e Pitchfork.