Miusera
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Xeorxia | |||
República autónoma | República Autónoma de Abkhazia | |||
Lista (pt) | Gudauta Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 50 (2011) | |||
Lingua oficial | Lingua abkhaza lingua rusa | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Miusera (en xeorxiano: მიუსერა, Miusera; en abkhazo: Мысра, Mysra) é unha vila do distrito de Gudauta, en Abkhazia. Sitúase a 8 km ao sur de Bichvinta, na costa do Mar Negro, na Reserva da Biosfera Bichvina-Miusera, preto do río do mesmo nome. Está a 15 km da estrada Novorossiysk-Batumi e na liña ferroviaria Sochi-Sukhumi.
Historicamente era unha aldea pertencente a Mugudzirkhva.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 1959, na vila de Miusera vivían 165 persoas, da que a maioría eran rusos.
No 1989 vivían 447 persoas,[1] de maioría rusa e abkhaza.[2][3]
Segundo o censo de 2011, a poboación de Miusera era de 50 persoas, das cales, 36 persoas eran abkhazas (72%), 11 persoas eran rusas (22%) e 3 persoas doutras etnias (6%).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Всесоюзная перепись населения 1989. Абхазская АССР
- ↑ Коряков Ю. Б. Атлас кавказских языков / РАН. Ин-т языкознания. — Москва: Пилигрим, 2006. — 76 с.: карты. (en ruso)
- ↑ Этноязыковые карты Абхазии в 1989. Коряков Ю.Б. (en ruso)
- ↑ Перепись населения Абхазии 2011. Гудаутский район (en ruso)