Saltar ao contido

Modelo:Vpb cab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para propoñer que unha páxina sexa borrada, lea antes con atención os parágrafos que veñen a continuación.

Votacións para borrar é unha páxina onde os usuarios da Galipedia deciden cando un artigo ten que ser eliminado. As entradas listadas aquí, polo xeral, permanecen uns dez días aproximadamente, despois do cal algunha das seguintes accións ten lugar como resultado das decisións consensuadas da comunidade:

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

En primeiro lugar, comprobe as ligazóns desta páxina premendo en "Páxinas que ligan con esta" na barra de navegación esquerda para facerse unha idea do que representa esta páxina na Wikipedia. Así mesmo, comprobe o historial da páxina para comprender a súa evolución. Entón, lea meticulosamente Política e normas:Borrar antes de facer unha proposta. Unha vez teña feito todo iso, propoña a páxina para borrar seguindo as instrucións que aparecen ao final da páxina.

Sexa comprensivo cos principiantes, siga as normas de conduta da Wikipedia, sexa coidadoso e repase o significado do seu comentario antes de publicalo. Intente evitar que sexa malinterpretado. Asine o voto con catro tiles (~~~~) . Os votos que procedan de usuarios que utilizan máis dunha identidade serán ignorados e o mesmo sucederá cos trolls.

É aconsellable deixar un aviso de que se comezou este proceso na páxina de conversa da persoa que creou o artigo.

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:

  • Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).