Moeda de Belgioioso
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/AntonioBarbianodiBelgioioso.jpg/220px-AntonioBarbianodiBelgioioso.jpg)
A moeda de Belgioioso foi a emitida por Antonio Barbiano di Belgioioso en 1769 e cuñada na Casa da Moeda de Viena. Os dous valores faciais que a compoñen, que é probable que nunca entrasen en circulación, son o tálero e o ongaro.
Historia
[editar | editar a fonte]Antonio Barbiano di Belgioioso (1693-1779), alto funcionario imperial, logo de participar, xunto cos seus fillos Alberico e Luís, na Guerra dos Sete Anos, foi elevado pola emperatriz María Tareixa, o 5 de agosto de 1769, ao rango de príncipe do Sacro Imperio Romano Xermánico, co título de príncipe de Belgioioso. O título, transmisible aos seus primoxénitos varóns, levaba consigo varios privilexios, entre eles o de poder abrir unha casa de moeda en Belgioioso e emitir alí moeda de ouro e de prata coa súa propia efixie.[1] No entanto, o príncipe non chegou a instalar ningún obradoiro para a cuñaxe de moeda, senón que se limitou a encargar á ceca vienesa a produción dunha cantidade limitada de zecchini ou ducados de ouro —tamén chamados ongari— e táleros ou escudos (scudo) de prata coa súa propia imaxe e as armas da familia, que é probable que se distribuísen principalmente entre parentes, amigos e cortesáns.[2][3]
Malia seren estas moedas, consonte a disposición imperial, de curso legal, polo menos dentro do Imperio, non se ten constancia da súa circulación efectiva. Ningún dos herdeiros do príncipe Antonio fixo cuñar posteriormente outras moedas.[3]
Moedas
[editar | editar a fonte]Valor | Imaxe | Descrición | Ano | Ceca | Tiraxe | Parámetros técnicos | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Peso | Diámetro | Metal | |||||
Tálero [4][5] |
![]() |
Busto drapeado e acoirazado de Antonio Barbiano di Belgioioso cara á dereita. Lenda: ANTONIUS I • BARBIANI BELGIOJOSII ET S • R • I • PRINCEPS |
Escudo coroado sostido por dous leóns, sobre pavillón de armiño colocado sobre dúas bandeiras, co colar do Vélaro de Ouro no centro. Lenda: COMES CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 1769 |
1769 | Viena | 430 | 28,05 g | 41,00 mm | Prata |
Ongaro[6][7] | ![]() |
Idem. Lenda: ANTON • I • BARBIANI BELGIOJOS • ET S • R • I • P |
Idem. Lenda: COM CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 1769 |
620 | 3,50 g | 21,50 mm | Ouro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La storia del Castello di Belgioioso". Belgiogioso.it
- ↑ "Le spendide monete di Belgioioso". Lausfil. Circolo Filatelico Numismatico Lodigiano.
- ↑ 3,0 3,1 Migliavacca, G. (1973).
- ↑ "Scudo - Antonius I Barbianus". Numista.com
- ↑ "1 Scudo (Antonio da Barbiano di Belgioioso)". Colnect.com
- ↑ "1 Ducat - Antonius I Barbianus". Numista.com
- ↑ "1 Ducato (Antonio da Barbiano di Belgioioso)". Colnect.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de Belgioioso ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Migliavacca, G. (1973). "Le monete di Belgiogioso". En Programma Ufficiale Xa Mostra Filatelica e Numismatica, Pavia, Castello Visconteo, 10-12 Novembre 1973. Páxina 15.