Moeda do Sultanato de Mogadixo
A moeda so Sultanato de Mogadixo é a cuñada en época medieval neste antigo Estado africano, daquela un centro de gran relevancia comercial.
Historia
[editar | editar a fonte]Para facilitar o comercio rexional, o Sultanato de Mogadixo (séculos X a XV) comezou a cuñar as súas propias moedas, o que tivo como efecto a centralización da súa hexemonía comercial. Estas moedas emitíronse a nome dos 23 sultáns sucesivos de Mogadixo e algunhas delas adoptaron o estilo das súas contemporáneas fatimís e otomás. Para o comercio, o Sultanato Ajuran cuñou tamén a súa propia moeda,[1] aínda que utilizaba simultaneamente a de Mogadixo, que se incorporou no século XIII ao Imperio Ajuran.[2]
Achados
[editar | editar a fonte]A circulación das moedas de Mogadixo estaba moi estendida. Acháronse pezas en lugares tan distantes como os actuais Emiratos Árabes Unidos, onde se rexistrou un espécime a nome do sultán somalí do século XV Ali b. Yusuf de Mogadixo. No decurso das expedicións arqueolóxicas en Warsheikh (Somalia) que tiveron lugar entre 1920 e 1921, o erudito italiano Enrico Cerulli tamén atopou moedas dos sultáns medievais de Mogadixo. Estas moedas foron depositadas na Escola Oriental da Universidade de Roma, mais desapareceron durante a segunda guerra mundial. Consonte Cerulli, acháronse moedas similares nun pobo de Moos situado a uns 14 quilómetros ao noroeste de Warsheikh. Pola súa banda, Freeman-Grenville tamén rexistrou, en 1963,[3] outro achado de moedas antigas nesta última cidade.[4] Durante unha escavacións realizadas en Iraq en 1971, descubriuse unha moeda de cobre a nome do sultán de Mogadixo Ali ibn Yusuf.[5] Tamén se atoparon moedas de bronce pertencentes aos sultáns de Mogadixo en Belid, preto de Salalah, en Dhofar.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ismail Mohamed, A. (1970). Páxina 206.
- ↑ Stanley, B. (2007). Páxina 253.
- ↑ Freeman-Grenville, G. S. P. (1963).
- ↑ Chittick, N. (1976). Páxinas 117-133.
- ↑ Hansman, J. (1985). Páxina 49.
- ↑ Proceedings of the Seminar for Arabian Studies, Volume 1. Archaeopress. 1970. Páxina 42. ISBN 0231107145
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda do Sultanato de Mogadixo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chittick, N. (1976). An Archaeological Reconnaissance of the Horn: The British-Somali Expedition. British Institute in Eastern Africa.
- Freeman-Grenville, G. S. P. (1963). "Coins from Mogadishu, c. 1300 to c. 1700". The Numismatic Chronicle and Journal. Royal Numismatic Society. Vol. 3. Páxinas 179-200.
- Hansman, J. (1985). Julfar, an Arabian Port. Its Settlement and Far Eastern Ceramic Trade from the 14th to the 18th Centuries. Royal Asiatic Society of Great Britain and Ireland, Londres. ISBN 0947 59301 2
- Ismail Mohamed, A. (1970). Somalia Today: General Information. Ministry of Information and National Guidance.
- Stanley, B. (2007). "Mogadishu". En Dumper, M.; Stanley, B. (eds.). Cities of the Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. ISBN 978-1-57607-919-5