Moedas dos Estados Unidos de Bélxica
A moeda dos Estados Unidos de Bélxica é a cuñada e utilizada durante a efémera existencia dos Estados Unidos de Bélxica en 1790, logo da Revolución Brabantina (1789).
Estas emisións, aínda que de curta duración, exerceron unha forte influencia numismática nas cuñaxes posteriores á independencia de Bélxica en 1830.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]En 1789 produciuse a Revolución de Brabante como reacción ás reformas liberais levadas a cabo por Xosé II de Habsburgo e ao dominio austríaco de Bélxica. Despois de que as forzas austríacas fosen derrotadas ante os rebeldes na Batalla de Turnhout en 1789, estas retiráronse do país e deixáronlles aos rebeldes o poder. O 11 de xaneiro de 1790, coa sinatura do Tratado da Unión, os condados e os ducados que formaran os Países Baixos Austríacos pasaron a constituír un único país: os Estados Unidos de Bélxica.[1]
O artigo 5 do devandito Tratado da Unión establecía: "só o Congreso terá a facultade de cuñar moeda nos Estados Unidos de Bélxica, e de fixar o seu título e o seu valor".[2]
Moedas
[editar | editar a fonte]As moedas emitíronse en oito valores faciais diferentes, con denominacións en liards, soldos e floríns, unicamente durante a curta existencia do novo país, polo que todas elas amosan a data de 1790. Tanto as súas lendas, en latín, como a iconografía representadas nelas aluden á unidade do Estado.[3][4]
Estes son os tipos emitidos:[3][4]
Denominación | Imaxes | Descrición | Lenda | Metal e dimensións | |
---|---|---|---|---|---|
1 liard [5] |
A/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas. R/: lenda en catro liñas. Data no exergo. |
AD USUM FŒDERATI BELGII ("Para o uso na Federación de Bélxica") | Cobre 3,75 g 22 mm | ||
2 liards [6] |
A/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas. R/: lenda en catro liñas dentro de coroa vexetal. Data no exergo. |
Cobre 7,50 g 27 mm | |||
10 soldos (10 stuivers) [7] |
A/: león rampante rodeado por lenda. Data no exergo. R/: man cu feixe de 11 setas, dos 11 estados (Flandres, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Limburgo, Güeldres, Mechelen, Tournai, Tournaisis e Flandres Occidental). Lenda arredor e valor no exergo. |
MON. NOV. ARG. PROV. FOED. BELG. ("Nova moeda das Provincias Federadas de Bélxica"). IN VNIONE SALVS ("A slvación na unión"). |
Prata 4,70 g 25 mm | ||
1 florin (1 gulden) [8] |
Prata 9,40 g 30 mm | ||||
3 floríns (3 gulden) (lion d'argent) [9] |
A/: león rampante, que sostén unha espada e un escudo coa palabra LIBERTAS, rodeado por lenda. Data no exergo. R/: escudos dos 11 estados cun sol radiante no centro. Lenda arredor. |
DOMINI EST REGVM ("O reino é do Señor..." ET IPSE DOMINABITVR GENTIVM ("...e el terá dominio sobre as nacións") [Salmos 22:29].[10] |
Prata 32,67 g 41 mm | ||
14 florins (14 gulden) (lion d'or) [11] |
Ouro 8,30 g 25 mm |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Polasky, J. (2005). "The Brabant Revolution, "a Revolution in Historiographical Perception". En Revue belge d'Histoire contemporaine. 4.
- ↑ Cumont, G. (1882). Páxina 627.
- ↑ 3,0 3,1 Cumont, G. (1882).
- ↑ 4,0 4,1 Cumont, G. (1883).
- ↑ "1 Liard / 1 Oord Insurrection Coinage". Numista.com
- ↑ "2 Liards / 2 Oorden Insurrection Coinage". Numista.com
- ↑ "10 Sols / 10 Stuivers Type 1; Insurrection Coinage". Numista.com
- ↑ "1 Florin / 1 Gulden Type 1; Insurrection Coinage". Numista.com
- ↑ "3 Florins / 3 Guldens Insurrection Coinage". Numista.com
- ↑ "A Biblia. Salmos". Abibliagalega.com
- ↑ "14 Florins / 14 Guldens Insurrection Coinage". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moedas dos Estados Unidos de Bélxica |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cumont, G. (1882). "Les Monnaies des États-Belgiques-Unis". En Revue Belge de Numismatique. 38. Páxinas 627-633.
- Cumont, G. (1883). "Les Monnaies des États-Belgiques-Unis". En Revue Belge de Numismatique. 39. Páxinas 323-332.