Saltar ao contido

Moha Moukhliss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoha Moukhliss
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,69 m Editar o valor en Wikidata
Peso65 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
2019–2020   Celta Fortuna 21(1)
2020–2021   Real Valladolid
2020–2021 Real Valladolid Club de Fútbol B 22
2021–2022 Real Valladolid Club de Fútbol B 36(1)
2022–2023 FC Andorra 9
2022–2023 Barcelona Atlético 17(1)
2023–2024 Barcelona Atlético 34(2)

FIFA: 405572 UEFA: 250101304 Editar o valor en Wikidata

Mohamed Aiman Moukhliss Agmir, coñecido como Moha Moukhliss, nado en Madrid o 6 de febreiro de 2000, é un futbolista hispano-marroquí, que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic da Primeira División RFEF, cedido polo Andorra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no San Blas, antes de ingresar na canteira do Real Madrid en 2010, con 10 anos, para xogar no equipo alevín. Na estrutura do club branco foi queimando etapas até terminar a súa etapa de xuvenil en 2019. A continuación foi cedido ao Celta B, da Segunda División B, onde disputou 23 partidos, anotando un gol.[1]

En agosto de 2020 quedou libre do Real Madrid e asinou polo Valladolid Promesas por dúas tempadas, nas que disputou 58 encontros e fixo un gol.[2]

No verán de 2022 fichou polo Andorra da Segunda División por tres tempadas.[3] Xogou 11 partidos co equipo andorrano, antes de saír cedido en xaneiro de 2023 ao Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, cesión que se ampliou no verán de 2023 por un ano máis.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional en distintas categorías inferiores da selección española como a sub-17, a sub-18 e a sub-19. En 2017 formou parte da selección sub-17 que conquistou o Campionato Europeo en Croacia.

En 2019 proclamouse campión do Europeo Sub-19, disputado en Armenia.

  1. "El Celta B incorpora al internacional sub-19 Moha" (en castelán). lavozdegalicia.es. 2 de setembro de 2019. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  2. "Moha Moukhliss firma por el Real Valladolid" (en castelán). adnblanco.com. 20 de agosto de 2020. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  3. "Moha Moukhliss firma por tres temporadas" (en castelán). as.com. 26 de agosto de 2022. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  4. "El Barça B se lleva a Moha, ex del Madrid, y el Andorra ficha a Álex Valle" (en castelán). 2 de febreiro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.