Mohamed Bassir
Nome orixinal | (ar) سيدي سيدي إبراهيم مبارك محمد بصير |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Mohamed Sidi Brahim Basir 1944 Tan-Tan (España) |
Desaparición | 18 de xuño de 1970 |
Morte | p. xuño de 1970 (25/26 anos) O Aaiún (España) |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade de Damasco - xornalismo Universidade de al-Azhar (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Pseudónimo literario | Basiri |
Mohamed Sidi Brahim Bassir (nome completo:Bassir Mohamed uld Hach Brahim uld Lebser), nado en Tan-Tan (daquela no Sáhara español) en 1942 e desaparecido en 1970, foi un líder nacionalista saharauí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1958 pasou a Marrocos no seo da fracción Lemuadenim da tribo dos erguibat, pero medrou en Lemseid, preto do Aaiún. En 1957 marchou a estudar árabe a Marrocos, alí residiu en Marraquex, Rabat e Casablanca. Máis tarde perfecciona os estudos en Damasco e estudou xornalismo no Cairo.
En 1966 volveu a Marrocos e fundou Al-Shihab, publicación pro-saharauí. En 1967, por problemas coas autoridades marroquinas, instalouse en Smara, no Sáhara Occidental, traballou como profesor do Corán na mesquita local e comezou a organizar de xeito clandestino un movemento de carácter nacionalista denominado Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro, que pretendía a consecución dunha autonomía para o Sáhara Occidental que preparase o camiño cara a independencia do territorio.
O 17 de xuño de 1970 as autoridades do Sáhara Occidental convocaron unha manifestación no Aaiún contra os comunicados de Tlemcén e Casabranca logo das xuntanza de Hassan II con Hari Boumédienne e Moktar Uld Dadah sobre o Sáhara. A organización de Bassir decide convocar unha manifestación paralela na barriada de Zemla que lles permitira entrevistarse co gobernador, quen acabou enviando á lexión para disolvela. Aínda que Bassir non foi na manifestación, a policía considerouno o principal convocante dela e detívoo, non se volveu saber máis del.