Saltar ao contido

Moisés Simes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoisés Simes
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor en Wikidata

Moisés Simes Otero, nado en Bueu o 20 de outubro de 1988, é un ex-xogador de balonmán galego, que xogaba de extremo esquerdo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao balonmán aos cinco anos, seguindo os pasos de seus curmáns maiores.[1] Durante un tempo practicou balonmán e taekwondo, centrándose finalmente no primeiro deles. Tras xogar no club do seu pobo, o Gaeva Bueu, pediulle ao BM Cangas permiso para adestrar co filial deste. Axiña se converteu nunha peza importante do filial e máis tarde do primeiro equipo, co que conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL na tempada 2011(/12.

Militou durante os seguintes doce anos na máxima categoría do balonmán español, clasificándose para catro fases finais da Copa do Rei e disputando a Copa ASOBAL e a Copa EHF.[2] En xuño de 2024, aos 35 anos, anunciou a súa retirada do balonmán, despois de 330 partidos na ASOBAL e 648 goles.[3]

  1. "Moisés Simes: «Llegué a dudar de si tenía nivel para jugar en Asobal»". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  2. "Moisés Simes: "Es la despedida soñada, no esperaba tanto cariño y apoyo"". Faro de Vigo (en castelán). 22 de agosto de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  3. "Moisés Simes anuncia su adiós". Faro de Vigo (en castelán). 7 de xuño de 2024. Consultado o Moisés Simes a22 de agosto de 2024nuncia su adiós.