Molly Down-Smittens
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1987 (37 anos) Anstey, Reino Unido (pt) |
Educación | Academy of Contemporary Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, cantautora |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música tradicional |
Influencias | |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Participou en | |
10 de maio de 2014 | Festival de Eurovisión 2014 (17ª) |
Sitio web | officialmolly.com |
Molly Alice Smitten-Downes, nada en Rothley (Leicestershire) o 2 de abril de 1985, é unha cantautora inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Molly asistiu á Our Lady's Convent School en Loughborough, empezando a súa carreira musical a idade de oito anos. Estudou música no Leicester College e na Academia de Música Contemporánea de Guildford, Surrey, onde se formou como pianista.[1]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]O 18 de decembro de 2011 lanzouse un disco acústico chamadoFly Away with Me[2]. O tema Shadows, da súa autoría, foi mostreado pola artista grime Marger e lanzouse en iTunes o 21 de agosto de 2011[3]. Molly foi a gañadora na categoría Urban-Pop do concurso Live and Unsigned do ano 2012 e tamén recibiu un recoñecemento á mellor canción nos premios The Best Of British Unsigned Music, polo seu tema Lost Generation en 2013. En abril de 2013 lanzouse a súa colaboración co produtor sueco Anders Hansson coa canción Beneath the lights[4]. En 2012 escribiuse e gravouse Never Forget, a súa colaboración co produtor hardcore Darren Styles.
Eurovisión 2014
[editar | editar a fonte]O 3 de marzo de 2014, a BBC inglesa anunciou que Molly sería a representante do Reino Unido no Festival da Canción de Eurovision coa canción Children of the Universe[5]. Dende o principio partiu como unha das grandes favoritas para gañar o festival. A gran final de Eurovision celebrouse en Copenhague o 10 de maio de 2014, na cal Molly actuou na última posición e quedou na posición número 17 con 40 puntos na clasificación final, pese a ser unha das favoritas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.getsurrey.co.uk/whats-on/whats-on-news/former-academy-contemporary-music-student-6769299
- ↑ https://itunes.apple.com/gb/album/shadows/id487415556?i=487415560
- ↑ http://www.mtv.co.uk/music/urban/2734-fresh-marger-feat-molly-shadows
- ↑ https://itunes.apple.com/gb/album/beneath-the-lights-single/id641453788
- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=9288&idioma=
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Molly Down-Smittens |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 17 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |