Saltar ao contido

Reino visigodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monarquía visigoda»)
Artigo principal: Reino visigodo de Tolosa.
Modelo:Xeografía políticaReino visigodo
Regnum Gothorum (la)
Gutþiuda Þiudinassus (got) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalTolosa (418–507)
Barcelona (507–542)
Toledo (542–711) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua gótica
latín vulgar Editar o valor en Wikidata
Relixiónpaganismo xermánico, Arrianismo visigodo e Cristianismo calcedonio Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie600.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación476 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución718 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porAl-Andalus Editar o valor en Wikidata
Evento clave
19 de xullo de 711 (Gregoriano)Batalla de Guadalete Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O reino visigodo (en gótico: Gutþiuda Þiudinassus) foi unha entidade política que xurdiu no ano 419 tras asinar a paz os visigodos cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa.

O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre Hispania e sobre a Galia con notable éxito. No ano 475 selou a paz co emperador de Oriente Xulio Nepote e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o Loira e Xibraltar.

Artigo principal: Reino visigodo de Toledo.

No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por Clodoveo, tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron Septimania e unha parte da Provenza fóra da Península Ibérica e a capital acabou trasladándose oficialmente a Toledo no 554, entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de Leovixildo ao poder. No ano 585 os visigodos conquistan o Reino de Gallaecia e pouco despois con Recaredo convértense ao catolicismo arrenegando do arianismo, no 624 os visigodos toman as posesións bizantinas da Bética, finalmente no ano 711 desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]