Moncho Gil
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1897 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de xaneiro de 1965 (67 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 1927 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
Ramón Gil Sequeiros, nado en Vigo o 16 de agosto de 1897 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1965, foi un futbolista galego máis coñecido como Moncho Gil, que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi medallista olímpico en 1920.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club pero comezou a despuntar facendo o servizo militar, cando se organizou o primeiro campionato militar de fútbol de España. Para ese torneo o Rexemento de Infantaría Murcia destacado en Vigo fixo moi bo equipo ao contar con varios xogadores do Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo. Tan ben o fixeron que chegaron á final, onde gañaron cun gran papel de Ramón, que marcou os dous goles da vitoria.
Segundo os datos da Real Federación Española de Fútbol, o vínculo de Ramón Gil co fútbol en activo seguiu ata 1927, chegando a militar no Celta de Vigo catro tempadas dende a súa fundación en 1923. Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia e varias ocasións, entre elas o primeiro encontro do combinado galego, disputado o 19 de novembro de 1922 ante a Selección de Castela.
Tamén disputou coa Selección de fútbol de España os Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Anveres (Bélxica), onde o combinado español obtivo a medalla de prata, disputou dous encontros, ante Holanda e Italia. El e Luis Otero Sánchez son os primeiros galegos en ser medallistas olímpicos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]De familia con posibles, era fillo de Ramón Gil Vidal, cónsul de Haití e comerciante eminente da cidade de Vigo. Casou en 1923 con Aurora Curbera[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ "Moncho Gil, futbolista vigués olímpico en Amberes en 1920". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015.
- Futbolistas de Vigo
- Medallistas olímpicos de Galicia
- Nados en Vigo
- Nados en 1897
- Finados en 1965
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Vigo Sporting Club
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Futbolistas olímpicos de Galicia
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920