Saltar ao contido

Montán, Samos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montán
Igrexa de Santa María de Montán.
ConcelloSamos[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°46′01″N 7°17′58″O / 42.767, -7.29943
Poboación31 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Montán é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 31 habitantes (18 homes e 13 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa María de Montán é de orixe románica, construída con muros de cachotería, sufriu varias reformas. No interior destaca a grande altura da nave. O acceso conta cun pequeno cabido con cuberta de lousa a tres augas. Conserva un retablo neoclásico con tallas do século XIX.

Documentos do mosteiro de Samos de entre 1058 e 1195 refírense ao lugar como San Miguel de Montán e informan sobre un santuario con reliquias de San Miguel e Santo André (loco sancto isto de Sancti Michaelis et Sancti Andree, quorum reliquie ibidem sunt recondite in villa vocabulo Montan). Montán é, por tanto, a Villa sancti Michaelis que o Códice Calixtino menciona entre Triacastela e Barbadelo, o que confirman os peregrinos posteriores (s. XV) que mencionan un lugar de San Miguel (Sent Michaele, San Michele) situado entre San Xil e Furela. O cambio da advocación de San Miguel pola de Santa María produciuse antes do 1665[3].[4]



Localidade anterior:
San Xil de Carballo, Samos
a 2 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Montán, Samos
(762 msnm)
125 km á Catedral de Santiago de Compostela
Igrexa(s)

Seguinte localidade:
Fontearcuda, Lousada, Samos
→ a 0,7 km

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Montán

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Montán no concello de Samos (Lugo)

Montán

Parroquias de Samos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. Anguita Jaén, José Mª (2000). Estudios sobre el Liber Sancti Iacobi. La Toponimia mayor hispana. Xunta de Galicia. pp. 587–592. ISBN 84-453-2879-4. 
  4. Anguita Jaén, José Mª; Martínez Ortega, Ricardo (1995). "Localización e identificación de los topónimos del Códice Calixtino Villa Sancti Michaelis y Villaus (= Villa Vx, del De rebus Hispanie, 6, 11)". Cuadernos de Filología Clásica. Estudios Latinos (9): 169–177. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]