San Mamede do Couto, Samos
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Mamede e O Couto.
San Mamede do Couto | |
---|---|
Concello | Samos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′37″N 7°19′52″O / 42.74355556, -7.33102778 |
Poboación | 53 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede do Couto é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 75 habitantes (41 homes e 34 mulleres), 1 menos ca no ano anterior.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Mamede do Couto é de orixe románica, da que só conserva a porta principal, con arco de medio punto. Construída en cachotaría de lousa, ten cuberta a dúas augas. Na entrada principal atópase o cabido que da acceso á igrexa. No interior conserva un retablo barroco con columnas salomónicas e unha imaxe de San Mamede.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Mamede do Couto
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Mamede do Couto no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
A Brea | Froián | Lamas | Manxar | O Mesón | San Mamede | Val | Vilamelle |
Parroquias de Samos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2