Monte de Nenos
Coordenadas: 43°33′25″N 8°7′9″O / 43.55694, -8.11917
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/28/Monte_de_nenos_vista_r%C3%ADa_de_xuvia.jpg/300px-Monte_de_nenos_vista_r%C3%ADa_de_xuvia.jpg)
O monte de Nenos é un monte de 367 m de altitude, situado na comarca de Ferrolterra, entre os concellos de Narón (o lugar de maior altitude do municipio, na parroquia de Sedes), San Sadurniño e Valdoviño.
Descrición[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Lixo_industrial_Monte_de_Nenos_Nar%C3%B3n_A_Coru%C3%B1a.jpg/300px-Lixo_industrial_Monte_de_Nenos_Nar%C3%B3n_A_Coru%C3%B1a.jpg)
No monte de Nenos nacen varios ríos que fornecen o encoro das Forcadas, a lagoa da Frouxeira e o río Grande de Xuvia. No seu cume hai un conxunto de dezaseis mámoas de distintos tamaños coñecidas como Os Montiños da Moura. Polo monte de Nenos tamén pasa o camiño a Santo André de Teixido.
Aproveitamento[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Parques eólicos en Galicia.
Nos últimos anos instalouse no seu cumio un parque eólico e antenas de telecomunicacións. En 2012 a empresa Xilo Galicia verteu 2.500 toneladas de lixo industrial no cumio[1][2].
Ademais do parque eólico construído no monte, entre os concellos de Narón e Valdoviño, e o uso como localización de telecomunicacións tanto no monte como nas zonas máis próximas, existen explotacións agrarias e gandeiras así como plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Na ladeira do monte está o parque Aldea Nova do concello de Narón.
Nome do Parque Eólico | Concello | Muíños | Data | Empresa | Potencia kW |
---|---|---|---|---|---|
P. E. Novo | Valdoviño - Narón | 25 | 2002 | Energías Ambientales de Novo, S.A. | 18.750 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La Xunta obliga a Xilo Galicia a retirar los lodos contaminados del Monte dos Nenos", artigo en Diario de Ferrol, 18 de abril de 2013 (en castelán).
- ↑ "Xilo Galicia comienza a retirar las 2.500 toneladas de residuos industriales", artigo en Diario de Ferrol, 11 de maio de 2013 (en castelán).
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |