Monteira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Monteira.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Gaitero_con_montera.jpg/220px-Gaitero_con_montera.jpg)
A monteira é unha peza tradicional coa que se abrigaban a cabeza os homes e en menor medida as mulleres [1] e que se facía de felpa, saial, baeta ou pano negro [2] e que se utilizaba en Galicia.
Características
[editar | editar a fonte]A súa forma variaba nas distintas comarcas, no interior de Galicia polo xeral eran triangulares e grandes[3] e, neste caso, constaba de catro partes, casquete, á, rebordo e forro[4]. Actualmente o seu uso restrínxese aos traxes tradicionais. Fóra de Galicia empregouse tamén noutros lugares da Península Ibérica relacionados co antigo Reino de Galiza.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Guerrilleiro galego da Guerra de Independencia, Vicente Díaz 1912.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Pérez "A vestimenta na Galicia de entreséculos" En Acuña e Cabo. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo, 1992., pp. 7-13
- ↑ De Hoyos Sancho, El traje regional de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1971.
- ↑ Xaquín Lorenzo Os oficios. Galaxia, 1983, páxina 282
- ↑ VV.AA. Actas do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu Tempo. Vol. II, Consello da Cultura Galega, páxina 349
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Pérez (1992). A vestimenta na Galicia de entreséculos. En Acuña e Cabo. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo.
- De Hoyos Sancho (1971). El traje regional de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- Lorenzo, Xaquín (1983). Os oficios. Vigo, Galaxia.
- VV.AA. Actas do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu Tempo. Vol. II. Consello da Cultura Galega.