Saltar ao contido

Montijo, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontijo, Portugal
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°42′18″N 8°58′32″O / 38.70489, -8.97567
EstadoPortugal
DistritosSetúbal Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación51.222 (2011) Editar o valor en Wikidata (146,93 hab./km²)
Xeografía
Superficie348,62 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónPedro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2870 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webmun-montijo.pt Editar o valor en Wikidata

O Montijo é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Setúbal, rexión de Lisboa e subrexión da Península de Setúbal, con cerca de 26.500 habitantes. Ata o 6 de abril de 1930 designouse Aldeia Galega do Ribatejo, ou máis simplemente, Aldeia Galega. As connotacións pexorativas que para o vulgo portugués ten galego, levaron a pedir a troca do nome.

É sede dun municipio con 347,35 km² de área e 39.168 habitantes (2001), subdividido en 8 freguesías. É un dos poucos municipios de Portugal territorialmente descontinuos e é aquel que o é máis evidentemente. A porción principal, onde se sitúa a cidade, é a máis pequena e limita ao norte e ao leste co concello de Alcochete, a sueste con Palmela, a suroeste coa Moita e ao noroeste lígase aos municipios de Lisboa e de Loures a través do estuario do Texo. A porción secundaria, cerca de 20 km ao Leste, limita ao nordeste con Coruche, ao leste con Montemor-o-Novo, ao sueste con Vendas Novas, ao suroeste con Palmela, de novo, e ao noroeste con Benavente.

Os coutos e herdades que existían na actual área do concello do Montijo nos albores da nación portuguesa foran doados por D. Sancho I, en 1186, aos Cabaleiros da Orde de Santiago da Espada, da que era daquela prior D. Paio Peres. O núcleo de poboación, denominado Aldeia Galega, habitado principalmente por pescadores e salineiros, comezou a se desenvolver desde que na maioridade de Afonso V, o rexente D. Pedro e o mestre da Orde, o infante D. João, ambos tíos do monarca, mandaran sanear o esteiro de Alhos Vedros, construíndo para o efecto unha estacada.

D. Manuel I outorgoulle carta foral a 15 de setembro de 1514. O correo-maior Luís Afonso fixo de Aldeia Galega, en 1533, a sede da posta nas comunicacións co Sur de Portugal, tornando a poboación punto de pasaxe para nacionais e estranxeiros que se dirixían á capital ou dela proviñan, e desta forma a vila coñeceu grande desenvolvemento e abastanza.

Foi na entón Aldeia Galega do Ribatejo que o duque de Bragança xa aclamado rei en Lisboa como D. João IV, en virtude do éxito da revolución de 1 de decembro de 1640, ao dirixirse de Vila Viçosa para Lisboa, reuniu o primeiro consello rexio de que saíran nomeados os seus ministros e a constitución dun consello de guerra permanente.

Montijo foi elevada a categoría de cidade o 14 de agosto de 1985. A nova ponte sobre o Texo, a Ponte Vasco da Gama, foi inaugurada en marzo de 1998, ligando o Montijo a Sacavém.

O Montijo é coñecido por terra de touradas, boa comida e fados.

Parroquias de Montijo

[editar | editar a fonte]

As freguesías do Montijo son as seguintes:

  • Afonsoeiro (Montijo)
  • Alto Estanqueiro - Jardia
  • Atalaia
  • Canha
  • Montijo
  • Pegões
  • Santo Isidro de Pegões
  • Sarilhos Grandes