Mordélidos
Mordélidos Rango fósil: Xurásico medio-Recente | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mordella aculeata; nótese o extremo do seu abdome | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Liaoximordellidae |
Os mordélidos (Mordellidae) son unha familia de escaravellos polífagos. Realizan movementos irregulares típicos cando escapan dos seus predadores e teñen un extremo do abdome estreito moi característico. Están estendidos por todo o mundo e hai unhas 1500 especies.[1]
Anatomía
[editar | editar a fonte]Os movementos aparentemente de pinchacarneiros están compostos dunha serie de saltos separados moi rápidos (cada salto dura aproximadamente 80 ms). Son o resultado dos esforzos do escaravello de volverse a colocar en posición de engalar para botarse a voar cando estaba en posición lateral ou dorsal. Cada un dos saltos individuais debería considerarse como unha rotación estendida, realizada por unha pata do terceiro par de patas (metapodio). Dependendo de se usan o metapodio esquerdo ou o dereito como a perna que está funcionando como panca para engalar, o cambio prodúcese na dirección do salto. A enerxía para a propulsión varía co traballo do músculo inmediato do escaravello, de modo que a lonxitude e altura dos saltos varía, e rexistráronse frecuencias de rotación de ata 48 por segundo (en Mordellochroa abdominalis) arredor do centro de gravidade do eixe lonxitudinal do corpo. Xiros adicionais arredor do eixe transversal (a frecuencias máis baixas) efectúan pinchacarneiros en espiral que se perciben como acrobacias. O extremo fino do abdome (pixidio) non é significativo no salto, pero o metacoxa-trocánter-fémur (do terceiro par de patas) ten unha gran capacidade de rotación libre (ata 270 graos, só a un nivel). Esta capacidade débese a unha articulación de parafuso que conecta a base da metacoxa coa cabeza do trocánter. O gradiente de porca é de 21 graos (observado con microscopio electrónico de varrido en 1985). Tecnicamente, saltos similares, pero menos potentes, poden observarse na familia Melandryidae (=Serropalpidae) (xénero Orchesia) e na familia Scraptiidae (xénero Anaspis). As súas articulacións coxa-trocánter teñen unha estrutura similar. Pode asumirse que a capacidade desta forma de locomoción dando pinchacarneiros ten a súa raíz nunha filoxenia común e, por tanto, non debe ser adscrita especificamente aos Mordellidae.[2] Por outra parte, outros autores sinalaron a natureza especial da articulación de parafuso real (2011). Insectos doutras familias, como por exemplo o gurgullo do xénero Trigonopterus, un Curculionidae das selvas tropicais de Asia, teñen unha construción conectiva máis apertada na articulación coxa-trocánter da que se encontra en Mordellidae. Esta construción, non obstante, non facilita unha velocidade angular igual de alta do torque. A articulación aquí serve para proporcionar un mellor agarre sobre as plantas e para gabear máis doadamente.[3]
Sistemática
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Tomoxia_lineella46134594.tumbl.web.jpg/220px-Tomoxia_lineella46134594.tumbl.web.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Solidago.gall.w.jpg/220px-Solidago.gall.w.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Tolidopalpus_nitidicoma_female_lateral.jpg/220px-Tolidopalpus_nitidicoma_female_lateral.jpg)
Esta familia ten dúas subfamilias vivas – Mordellinae e Ctenidiinae – e unha prehistórica coñecida por fósiles (Praemordellinae).[4] Outro xénero fósil, Liaoximordella, foi previamente identificado tratado como unha familia monotípica distinta, Liaoximordellidae, pero agora considérase moi primitiva e probablemente un membro basal dos Mordellidae.
Familia Mordellidae Latreille, 1802
- Subfamilia Ctenidiinae Franciscolo, 1951
- Ctenidia Laporte de Castelnau en Brullé, 1840
- Subfamilia Mordellinae Latreille, 1802
- †Angimordella Bao et al. 2019, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano
- Tribo Conaliini Ermisch, 1956
- Conalia Mulsant & Rey, 1858
- Conaliamorpha Ermisch, 1968
- Glipodes LeConte, 1862
- Isotrilophus Liljeblad, 1945
- Ophthalmoconalia Ermisch, 1968
- Paraconalia Ermisch, 1968
- Pseudoconalia Ermisch, 1950
- Stenoconalia Ermisch, 1967
- Xanthoconalia Franciscolo, 1942
- Tribo Mordellini Siedlitz, 1875
- Adelptes Franciscolo, 1965
- †Asiamordella Hong, 2002 ámbar de Fushun, China, Ypresiano
- Austromordella Ermisch, 1950
- Binaghia Franciscolo, 1943
- Boatia Franciscolo, 1985
- Caffromorda Franciscolo, 1952
- Calycina Blair, 1922
- Cephaloglipa Franciscolo, 1952
- Congomorda Ermisch, 1955
- Cothurus Champion, 1891
- Curtimorda Méquignon, 1946
- Glipa LeConte, 1859
- Glipidiomorpha Franciscolo, 1952
- Hoshihananomia Kônô, 1935
- Iberomorda Méquignon, 1946
- Ideorhipistena Franciscolo, 2000
- Klapperichimorda Ermisch, 1968
- Larinomorda Ermisch, 1968
- Machairophora Franciscolo, 1943
- Macrotomoxia Píc, 1922
- Mordella Linnaeus, 1758
- Mordellina Schilsky, 1908[5]
- Mordellapygium Ray, 1930
- Mordellaria Ermisch, 1950
- Mordelloides Ray, 1939
- Mordellopalpus Franciscolo, 1955
- Neocurtimorda Franciscolo, 1950
- Neotomoxia Ermisch, 1950
- Ophthalmoglipa Franciscolo, 1952
- Paramordella Píc, 1936
- Paramordellana Ermisch, 1968
- Paramordellaria Ermisch, 1968
- Paraphungia Ermisch, 1969
- Parastenomordella Ermisch, 1950
- Paratomoxia Ermisch, 1950
- Paratomoxioda Ermisch, 1954
- Phungia Píc, 1922
- Plesitomoxia Ermisch, 1955
- Praemordella Shchegoleva-Barovskaya, 1929
- Pseudomordellaria Ermisch, 1950
- Pseudotomoxia Ermisch, 1950
- Sphaeromorda Franciscolo, 1950
- Stenaliamorda Ermisch & Chûjô, 1968
- Stenomorda Ermisch, 1950
- Stenomordella Ermisch, 1941
- Stenomordellaria Ermisch, 1950
- Stenomordellariodes Ermisch, 1954
- †Succimorda Kubisz, 2001 ámbar báltico, Eoceno
- Tolidomordella Ermisch, 1950
- Tolidomoxia Ermisch, 1950
- Tomoxia Costa, 1854
- Tomoxioda Ermisch, 1950
- Trichotomoxia Franciscolo, 1950
- Variimorda Méquignon, 1946
- Wittmerimorda Franciscolo, 1952
- Yakuhananomia Kônô, 1935
- Zeamordella Broun, 1886
- Tribo Mordellistenini Ermisch, 1941
- Asiatolida Shiyake, 2000
- Calyce Champion, 1891
- Calycemorda Ermisch, 1969
- Calyceoidea Ermisch, 1969
- Dellamora Normand, 1916
- Diversimorda Ermisch, 1969
- Ermischiella Franciscolo, 1950
- Fahraeusiella Ermisch, 1953
- Falsomordellina Nomura, 1966
- Falsomordellistena Ermisch, 1941
- Falsopseudomoxia Franciscolo, 1965
- Glipostena Ermisch, 1941
- Glipostenoda Ermisch, 1950
- Gymnostena Franciscolo, 1950
- Mordellina Schilsky, 1908
- Mordellistena Costa, 1854
- Mordellistenalia Ermisch, 1958
- Mordellistenochroa Horák, 1982
- Mordellistenoda Ermisch, 1941
- Mordellistenula Stchegoleva-Barowskaja, 1930
- Mordellochroa Emery, 1876
- Mordellochroidea Ermisch, 1969
- Mordelloxena Franciscolo, 1950
- Morphomordellochroa Ermisch, 1969
- Neomordellistena Ermisch, 1950
- Palmorda Ermisch, 1969
- Palpomorda Ermisch, 1969
- Paramordellistena Ermisch, 1950
- Phunginus Píc, 1922
- Pselaphokentron Franciscolo, 1955
- Pseudodellamora Ermisch, 1942
- Pseudotolida Ermisch, 1950
- Raymordella Franciscolo, 1956
- Tolida Mulsant, 1856
- Tolidopalpus Ermisch, 1951
- Tolidostena Ermisch, 1942
- Uhligia Horák, 1990
- Xanthomorda Ermisch, 1968
- Tribo Reynoldsiellini Franciscolo, 1957
- Reynoldsiella Ray, 1930
- Tribo Stenaliini Franciscolo, 1956
- Brodskyella Horák, 1989
- Pselaphostena Franciscolo, 1950
- Stenalia Mulsant, 1856
- Stenaliodes Franciscolo, 1956
- †Subfamilia Praemordellinae Shchegoleva-Barovskaya 1929
- †Bellimordella Liu et al. 2008, formación Yixian, China, Aptiano
- †Cretanaspis Huang e Yang 1999, formación Lushangfen, China, Aptiano
- †Mirimordella Liu et al. 2007, formación Yixian, China, Aptiano
- †Praemordella Shchegoleva-Barovskaya 1929, formación Karabastau, Kazakhstán, Oxfordiano
- †Wuhua Wang e Zhang 2011, Daohugou, China, Calloviano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michael A. Ivie (2002). "Mordellidae". En Ross H. Arnett & Michael Charles Thomas. Polyphaga: Scarabaeoidea through Curculionoidea. American Beetles 2. CRC Press. ISBN 978-0-8493-0954-0.
- ↑ Michael Reuter (1995). "Studies on the functional morphology of the jump in tumbling-flower beetles (Mordellidae, Coleoptera)". Acta Biologica Benrodis 7: 99–133. ISSN 0177-9214.
- ↑ Van De Kamp, T.; Vagovic, P.; Baumbach, T.; Riedel, A. (2011). "A Biological Screw in a Beetle's Leg". Science 333 (6038): 52. Bibcode:2011Sci...333...52V. PMID 21719669. doi:10.1126/science.1204245.
- ↑ Mordellidae Species List at Joel Hallan's Biology Catalog. Texas A&M University. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2015.
- ↑ Horák, Jan; Farkac, Jan; Nakládal, Oto (2012). "Mordellidae (Coleoptera) from Socotra Island" (PDF). Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae 52 (supplementum 2): 253–268. ISSN 0374-1036. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 February 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mordélidos ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mordélidos |