Morea branca africana
Morea branca africana Cynoponticus ferox | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mapa de distribución da morea branca africana | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Cynoponticus ferox Costa, 1845) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A morea branca africana,[2] Cynoponticus ferox Costa, 1846, é unha especie de peixe da orde dos angüiliformes e familia dos murenesócidos.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]Moi semellante a primeira vista ao congro. A súa lonxitude pode chagar até os 2 m como máximo, aínda que os que se apañan na pesca adoitan medir 1,5 m por termo medio. A cabeza é grande e ancha, e a boca moi ampla, chegando bastante máis atrás que o ollo, tamén grande e está cuberto pola pel. O dentame é moi forte, con dentes caniformes ben visíbeis. As aletas pectorais están ben desenvolvidas. A aleta dorsal ten a súa orixe á altura das aberturas branquiais e é moito máis longa que a aleta anal, que se insire na metade do corpo.
A coloración do peixe vivo é pardsa avermellada no dorsos, co ventre e os flancos de cor gris escura. As aletas pectorais son negras, e as outras aletas están orladas desa cor. Despois de morto adquire unha cor gris uniforme no dorso e branca no ventre, moi semellante á do congro.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Encóntrase nas costas sobre fondos de area e lama, desde os 10 m. Os exemplares máis grandes captúranse principalmente a profundidades de entre 75 e 100 m.[3]
Distribúese polo Atlántico occidental, desde o estreito de Xibraltar ao golfo de Guinea, onde é moi abundante (de aí o epíteto que se lle aplica en varios idiomas: da Guinea), e polo Mediterráneo occidental.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Depredador, aliméntase principalmente de pequenos peixes e crustáceos.
Pesca
[editar | editar a fonte]Péscase con palangre, aínda que de forma ocasional. A súa carne é saborosa, pero ten moitas espiñas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cynoponticus ferox Costa, 1846 no WoRMS.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103)
- ↑ 3,0 3,1 Cynoponticus ferox Costa, 1846 en FishBase
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morea branca africana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Smith, D. G. (1990): "Congridae", p. 156-167, en: Quero, J. C., J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT / París: SEI / París: UNESCO. Vol. 1.