Morphine
Orixe | Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos |
---|---|
Período | 1989 - 1999 |
Xénero(s) | rock alternativo, rock experimental, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Rykodisc, Dreamworks Records |
Na rede | |
Morphine foi un grupo de rock alternativo formado por Mark Sandman e Dana Colley en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos, en 1989. Morphine combinaba na súa música elementos de blues e jazz con arranxos de rock máis tradicionais, o que proporcionaba á banda un son pouco común. Cando os xornalistas lles preguntaban os membros do grupo como describirían a súa música, eles empregaban o termo “low-rock”.
O seu primeiro álbum Good gravouno a compañía Rykodisc en 1991, proporcionando a Morphine unha audiencia non moi grande, mais moi fiel. Tras o seu primeiro disco, publicaron Cure for Pain en 1993, que os levou a se converteren nunha banda de culto, con cancións como Buena e Thursday. O disco foi tivo moita aceptación[Cómpre referencia] na comunidade de rock independente e a través dalgunhas radios estadounidenses de ámbito universitario. Aínda para Rykodisc, editarían Yes outro disco gravado en estudio en 1995, e B-sides and Otherwise, un disco en directo gravado en 1997.
Tras facer unha xira polos Estados Unidos, Europa, Xapón e Australasia, a banda cambiou de compañía, pasándose en 1996 a Dreamworks Records, gravando para eles Like Swimming, un álbum con moito éxito, aínda que non tanto como se esperaba.
O 3 de xullo de 1999, Sandman sufriu un ataque cardíaco no escenario de Giardini del Principe en Palestrina (nas proximidades de Roma) cando tiña 46 anos. O derradeiro álbum da banda, gravado antes da morte de Sandman, foi editado no ano 2000 e recibiu o nome de The Night.
Integrantes
[editar | editar a fonte]- Mark Sandman - baixo de dúas cordas, voz, teclado, tritar, guitarra e piano
- Dana Colley - saxo barítono, saxo tenor, saxo dobre, triángulo
- Billy Conway - batería
- Jerome Deupree - batería