Mosaico de Dédalo e Pasífae
Aparencia
Mosaico de Dédalo e Pasífae | |
Tipo | Mosaico |
Data | Primeira metade do século III |
Cultura | Cultura galaico-romana |
Características | |
Área | 38 m2 |
Descuberta | |
Localización | Rúa Armañá, Lugo |
Data | setembro de 1986 |
O mosaico de Dédalo e Pasífae é un mosaico romano descuberto no nº10 da rúa Armañá en Lugo en setembro de 1986.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Forma parte dunha serie de mosaicos datados na primeira metade do século III, estes eran dunha edificación complexa datada entre os séculos III e IV. Mide uns 38 m2 e describe a escena do momento no que Dédalo fai entrega á raíña cretense Pasífae da vaca de madeira que faría posible a consumación co touro ofrecido a Poseidón, do que naceu o Minotauro. O marco ou decoración perimetral ten diversos motivos xeométricos: arcadas, cadrados que se tocan polos vértices, liñas de rombos, copas de abeto, peltas, etc. A estancia identifícase cun oecus ou comedor.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista do recadro central.
-
Detalle dun dos cadros dos marcos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Plástica Provincial Romana: Os Mosaicos" (PDF). redemuseisticalugo.org. Consultado o 2024.