Saltar ao contido

Mosteiro de Geghard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMosteiro de Geghard
(hy) Գեղարդ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomosteiro
igrexa Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro de Geghard e alto val do Azat Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaEuropa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Kotayk, Armenia e Geghard, Armenia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónԳեղարդ գյուղից 12կմ հս-աե, Գողթ գետի աջ ափին Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°08′26″N 44°49′07″L / 40.140468, 44.818594
Composto por
21
Características
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Monumento do patrimonio cultural de Armenia
Identificador6.24/29
Historia
Data de creación ou fundación1215 Editar o valor en Wikidata

O mosteiro de Geghard (en armenio: Գեղարդ: que quere dicir "lanza") é un mosteiro medieval na provincia de Kotayk, en Armenia. O mosteiro está parcialmente tallado na montaña adxacente, rodeado de cantís. No ano 2000, foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[1] gozando dun status de protección especial.[2]

A capela principal foi construída en 1215, mais o complexo do mosteiro foi fundado no século IV por Gregorio o Iluminador no lugar dun manancial sagrado dentro dunha cova. O mosteiro fora chamado orixinalmente Ayrivank (Այրիվանք), que significa "o Mosteiro da Cova". O nome máis común usado hoxe para o mosteiro, Geghard, ou Geghardavank (Գեղարդավանք), que significa "o Mosteiro da Lanza", procede da lanza que feriu a Xesús na Crucifixión, supostamente traído a Armenia polo Apóstolo Xudas Tadeu, e gardada entre moitas outras reliquias. Agora móstrase no tesouro de Echmiadzin.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Monastery of Geghard and the Upper Azat Valley". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  2. "UNESCO grants Monastery of Geghard status of Enhanced protection". armenpress.am (en inglés). Consultado o 2018-12-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]