Moulin Rouge
Moulin Rouge (que en galego significa Muíño Vermello e pronunciado algo semellante a 'mulén ghux') (48°53′3″N 2°19′56″L / 48.88417, -2.33222) é un cabaré tradicional, construído no ano 1889 por Josep Oller, que xa era propietario anteriormente do Paris Olympia. Situado na zona de Pigalle no Boulevard de Clichy, ao pé de Montmartre, en París, Francia. É famoso polo gran muíño vermello que ten no seu faiado. O Moulin Rouge é un símbolo emblemático da noite parisiense, e ten unha rica historia ligada á bohemia da cidade.
Hai máis de cen anos que o Moulin Rouge é lugar de "visita obrigatoria" para moitos turistas. O Moulin Rouge continúa a ofrecer na actualidade unha gran variedade de espectáculos para todos aqueles que queren evocar o ambiente bohemio da Belle Époque e que aínda está presente no interior da sala de espectáculos. Non obstante, o estilo e o nome do Moulin Rouge de París foron imitados por moitos clubs de variedades e salas de espectáculos en todo o mundo.
A sala, as bailarinas e os seus clientes constituíron un dos temas preferidos na obra do pintor Henri de Toulouse-Lautrec. A súa grande estrela a inicios do século foi a inesquecíbel Mistinguett.
Filme
[editar | editar a fonte]Existen varios filmes inspirados no local parisiense.
En 2001 estreouse o filme Moulin Rouge!, de grande éxito, dirixido por Baz Luhrmann e protagonizado por Nicole Kidman e Ewan McGregor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moulin Rouge |