Saltar ao contido

MounQup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MounQup
MounQup en Sabucedo, 2023
OrixeNantes, Francia / Galicia Galicia
Xénero(s)jazz, folk, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Molho
MembrosCamille Hédouin
Na rede
Facebook: Mounqup-272726572844124 Youtube: UCsGonl445BUk28mR8NPD_RQ Spotify: 3wouKiTUMyheEQ814i6BA4 iTunes: 1387546968 Musicbrainz: befbb402-7529-4202-bd52-bb133551f3fb Discogs: 6769356 Deezer: 12377284 Editar o valor en Wikidata

MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. Etiquetouse o seu estilo musical entre o jazz, a canción de autor e a música electrónica[1], se ben ela defínese como electrónica vocal rural[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Nantes (Francia)[3], logo de estudar Bioloxía chegou a Galicia en 2011 para colaborar na recuperación da aldea de Soumede, no concello da Bola[2]. Reside en Gontán (Verea)[4]. En 2013 participou na posta en escena da peza Estado de gracia de Nuria Sotelo[5].

En 2017 recibiu o Premio Narf[6]. Nese mesmo ano presentou o seu primeiro disco, Proba de son, gravado por ela mesma e mesturado e masterizado polo batería de Belöp.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Proba de son (Molho, 2017)
  • Castro Verdi (Molho, 2018)
  1. MounQup Arquivado 17 de abril de 2018 en Wayback Machine., en No Todo, 23 de agosto de 2017 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 "Mounqup, unha senlleira voz dende o rural ourensano". La Región. 24 de xaneiro de 2018. 
  3. MounQup, en Ultrasónica.
  4. MounQup en SoundCloud.
  5. Manu Lago. "Estado de gracia". Arquivo online danza contemporánea Galicia. 
  6. "Mounqup gaña o Premio Musical Narf 2017". Letra en Obras. 18 de setembro de 2017.