Saltar ao contido

Movemento Democracia en Europa 2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento Democracia en Europa 2025
Partido político da Unión Europea
Dirixentes e organización
LíderYanis Varoufakis
Historia
Fundación9 de febreiro de 2016
Posicións políticas
IdeoloxíaEuropeísmo
Progresismo
Outros datos
Na rede
diem25.org
Facebook: diem25.official.page Editar o valor en Wikidata

Democracia en Europa 2025 (en inglés, Democracy in Europe Movement 2025, abreviado DiEM25), é un movemento político paneuropeo​ impulsado polo exministro de economía grego Yanis Varoufakis, que ten como obxectivo a democratización das institucións europeas desde a esquerda.[1]​ O movemento conta co apoio de intelectuais, activistas e políticos europeos como Julian Assange, o filósofo italiano Toni Negri,​ a socióloga neerlandesa Saskia Sassen, o músico inglés Brian Eno, o economista estadounidense James Galbraith, o exparlamentario laborista Stuart Holland ou o filósofo esloveno Slavoj Žižek,​ entre outros.[2]

Ideas e proxecto

[editar | editar a fonte]

O acrónimo DiEM fai referencia ao concepto de carpe diem romano. O movemento sostén que hai que aproveitar o «hoxe» para organizarse a nivel continental, xa que consideran «obsoleto o modelo de partidos nacionais que forman alianzas fráxiles no Parlamento Europeo», polo que sería necesario que cristalice pronto un movemento paneuropeo de novo tipo, capaz de enfrontarse á grande crise económica, política e social na que está Europa. De acordo coa análise do movemento, esta crise ameaza con desintegrar Europa e que tería características similares á da Gran Depresión dos anos 30.[3]

O movemento presentouse publicamente o 9 de febreiro de 2016 no Volksbühne am Rosa-Luxemburg-Platz de Berlín. O lanzamento estaba inicialmente planificado para novembro de 2015, pero, segundo Yanis Varoufakis, os atentados de París do mesmo mes obrigaron a pospolo.[4]​ O acto fundacional de Berlín contou cun discurso de Ada Colau, así como coa participación de Caroline Lucas, deputada no Parlamento Europeo polo Partido Verde de Inglaterra e Gales, representantes do movemento Blockupy de Alemaña, o partido Actúa de Baltasar Garzón e Federico Mayor Zaragoza e Miguel Urbán Crespo, deputado no Parlamento Europeo de Podemos.[5]

A finais de xaneiro de 2019 DiEM25 chegou a un acordo coa plataforma española Actúa para presentarse conxuntamente ás eleccións europeas baixo o paraugas da candidatura continental Primavera Europea ('European Spring').[6]

Desenvolvemento, crítica e recepción

[editar | editar a fonte]

O lanzamento da iniciativa recibiu unha ampla cobertura na prensa internacional. Os principais medios europeos reflectiron nas súas reportaxes dos días sucesivos tanto o potencial do movemento, como as principais contradicións ás que se enfronta. Varoufakis foi interpelado pola prensa sobre a relación entre a súa iniciativa e as prostas que existen por parte doutros líderes da esquerda europea para enfrontar e xestionar a chamada «crise do neoliberalismo». En particular, a posición de Oskar Lafontaine en Alemaña e Jean-Luc Mélenchon en Francia, partidarios dunha recuperación de soberanía e dun retorno ás moedas nacionais, abandonando o euro. Respecto a esta cuestión, posiblemente a máis conflitiva debido ao enfrontamento de posicións contarias dentro da propia esquerda europea, Varoufakis respondeu de maneira clara e unívoca que rexeita esa proposta. A énfase do seu movemento está posta na repolitización de Europa como unidade e na democratización das súas institucións como maneira de facer fronte ás tendencias de separación, fragmentación, competencia e illamento.[7]

Nun artigo titulado «Varoufakis' kleine Internationale gegen Kapitalismus» (en galego A pequena Internacional de Varoufakis contra o capitalismo), o periódico dereitista alemán Die Welt sinalou que as posicións de Varoufakis «esnaquizarían Europa en lugar de curala». Nesta nova sobre o lanzamento de DiEM25, o xornal sinala que esta iniciativa sería produto de que Varoufakis estaría «amargado» polo rexeitamento das súas ideas, sendo incapaz de aceptar que os seus colegas non quixesen seguilo e, xa que a nivel nacional non puido imporse, chegou á conclusión de que precisaba alianzas internacionais. Mentres en Hungría ou Polonia os sectores conservadores apostan pola soberanía, Varoufakis estaría intentando formar unha alianza de toda Europa para defender unha política de esquerda a nivel continental.[8]

Partidos políticos asociados

[editar | editar a fonte]
Partido Estado Deputados na Cámara Alta Deputados na Cámara Baixa Deputados no Parlamento Europeo Último resultado electoral Referencia
Der Wandel Austria
0 / 61
0 / 183
0 / 18
Non participou [9]
Partido Pirata Checo República Checa
3 / 81
22 / 200
0 / 21
10,8% [10]
A Alternativa Dinamarca Unicameral
5 / 179
0 / 13
3,0% [11]
Génération.s Francia
1 / 384
1 / 577
2 / 74
Non participou [12]
Nouvelle Donne
0 / 384
0 / 577
0 / 74
Non participou [13]
Demokratie in Europa Alemaña
0 / 69
0 / 709
0 / 96
Non participou [14]
Demokratie in Bewegung
0 / 69
0 / 709
0 / 96
0,1% [14]
MeRA25 Grecia Unicameral
0 / 300
0 / 21
Non participou [15]
Democracia e Autonomía Italia
0 / 315
0 / 630
0 / 73
integrado en Libres e iguais [16]
Razem Polonia
0 / 100
0 / 460
0 / 51
3,6% [17]
LIVRE Portugal Unicameral
0 / 230
0 / 21
0,7% [18]
Actúa España
0 / 265
0 / 350
0 / 54
0,1% [13]
  1. Müller, Enrique. «Varoufakis lanza un movimiento para refundar la UE desde la izquierda» El País.
  2. Oltermann, Philip (10 de febreiro 2016). «Yanis Varoufakis launches pan-European leftwing movement DiEM25». The Guardian.
  3. Redacción (9 de febreiro 2016). «Varoufakis lanza un movimiento para evitar la desintegración de la UE». AFP (Agence France-Presse).
  4. Sancho, Xabi (31 de xaneiro 2016). «Yanis Varoufakis: "Odio los bailes regionales, incluso los griegos"». El País.
  5. Oltermann, Philip (10 de febreiro 2016). «Yanis Varoufakis launches pan-European leftwing movement DiEM25». The Guardian.
  6. «Llamazares deja IU por “el deterioro de su discurso y sus métodos internos”». El País.
  7. Bascetta, Marco; Sandro Mezzadra (10 de febreiro 2016). «[Varoufakis appeals for democratic awakening]». Il Manifesto (global edition).
  8. Jan Dams (10 de febreiro 2016). «Varoufakis' kleine Internationale gegen Kapitalismus». Die Welt.
  9. "Wandel am Sprung ins EU-Parlament". Wandel (en alemán). 2018-11-26. Consultado o 2019-01-16. 
  10. "Democracy in Europe Movement 2025". www.electio2014.eu (en inglés). electio2014.eu 2018. 4 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de decembro de 2018. 
  11. The Alternative. "A progressive Europe" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2018. At the same time, we want to extend our engagement at the European level, and actively take part in the all-European debate so that we can find common solutions to our shared European problems. Therefore, we keep on strengthening our cooperation with other progressive forces and initiatives, such as the new progressive movement DiEM25. 
  12. E1 (22 de xaneiro de 2018). "Européennes : Hamon et Varoufakis veulent pousser des listes avec un programme commun". Europe 1 (en francés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  13. 13,0 13,1 "The European Spring is arriving in Frankfurt on October 26!". diem25.org (en English). Democracy in Europe Movement 2025. Consultado o 20 de outubro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "Alliance électorale entre DiE et DiB". diem25.org (en francés). Democracy in Europe Movement 2025. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  15. Smith, Helena (1 de abril de 2018). "Yanis Varoufakis: ‘Greece is a debtors’ prison’". The Guardian. Consultado o 1 de abril de 2018. 
  16. François, Jean-Baptiste (11 de marzo de 2018). "Des gauches européennes s’unissent en mouvement transnational". La Croix (en francés). Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  17. "Czym jest DiEM25". partiarazem.pl (en polaco). Partia Razem. 8 de maio de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  18. DiEM25 Communications. "“European Spring”: The transnational list to present a progressive alternative in 2019 gathers pace". diem25.org. Democracy in Europe Movement 2025. Consultado o 28 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]