Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko
O Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko (MAIB) é unha organización política que ten como finalidade o recoñecemento da autonomía do pobo bubi no seu territorio tradicional de Bioko. As autoridades de Guinea Ecuatorial prohiben calquera actividade deste movemento.
A súa orixe está na Unión Bubi, que nos tempos da colonización española pretendía unha administración diferente para a illa de Bioko de Río Muni, onde predominaban os fang.
Logo da independencia de Guinea Ecuatorial, case todos os políticos e activistas bubis foron asasinados ou marcharon ao exilio e calquera aspiración de autonomía desapareceu. O MAIB ten o apoio dos líderes tradicionais bubis e parte da poboación bubi de Bioko e do exilio, localizada sobre todo en España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do MAIB (en castelán)