Saltar ao contido

Muazzez İlmiye Çığ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMuazzez İlmiye Çığ

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1914 Editar o valor en Wikidata
Bursa (Imperio Otomán) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (110 anos)
Mersim (Turquía) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Ancara (–1940) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía, Asirioloxía e sumerios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónasirióloga, arqueóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Arqueolóxico de Istambul Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHans Gustav Güterbock e Benno Landsberger Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Muazzez nunha conferencia en 2009

Muazzez Ilmiye Çığ, nada como Muazzez Ilmiye Itil en Bursa o 20 de xuño de 1914 e finada en Mersin o 17 de novembro de 2024,[1] foi unha historiadora turca, especializada no estudo da civilización sumeria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seus pais eran tártaros de Crimea que emigraran a Turquía, a familia do pai estableceuse na cidade de Merzifon, e a da nai en Bursa, daquela un dos grandes centros administrativos otománs. Muazzez Ilmiye naceu en Bursa, unhas semanas antes de principiar a Gran Guerra e cando tiña cinco anos, en 1919, o exército grego invandiu a cidade de Esmirna o que levou o seu pai, un mestre, na procura de maior seguridade a establecerse na cidade de Çorum e alí foi onde Muazzez completou os seus estudos de primaria. Posteriormente, a familia volveu a Bursa, e alí estudou nunha escola privada e en 1926 entrou nunha de maxisterio local e graduouse en 1931, con dezasete anos.

Durante cinco anos deulles clases a nenos na cidade de Eskişehir, en 1936 foi a Ancara para estudar na súa universidade, matriculouse no departamento de hititoloxía, que establecera o ano anterior Atatürk na facultade de historia e lingüística. Entre os seus profesores estiveron dous dos máis eminentes investigadores da época da cultura e historia hitita, Hans Gustav Güterbock e Benno Landsberger, os dous refuxiados alemáns de orixe xudía que pola presión tras da vitoria de Hitler aveciñáranse como profesores en Turquía[2].

Ao recibir o seu diploma en 1940, comezou a traballar nos arquivos do Museo do Antigo Oriente, unha das tres institucións que forman parte dos Museos Arqueolóxicos de Istambul, como especialista residente no campo da escrita cuneiforme. O museo contiña milleiros de táboas cuneiformes almacenadas nos seus arquivos sen clasificar e sen traducir. Nos 31 anos que pasou no museo dedicouse, coa axuda dos tamén traballadores do arquivo, Hatice Kızılyay e F. R. Kraus[3], a clasificar 74000 táboas[4] en sumerio, acadio e hitita e traduciu e publicou unha parte en catálogos, e o museo converteuse nun centro de aprendizaxe das antigas linguas de Oriente Medio ao que acudían investigadores de todo o mundo[2].

Xubilouse en 1972 e logo, durante un tempo, viviu fóra de Turquía. Traduciu ao turco o libro de Samuel Noah Kramer History Begins at Sumer que se publicou en 1990 baixo o título Tarih Sümerle Başlar, que tivo boa recepción e que lle permitiu publicar diversos libros dedicados principalmente á cultura sumeria, entre eles un libro infantil.

  • Zaman Tüneliyle Sümer'e Yolculuk, 1993 (obra de divulgación infanto-xuvenil, en 1998 publicouse unha segunda edición ampliada)
  • Kur'an, İncil ve Tevrat'ın Sumer'deki Kökeni, 1995
  • Sümerli Ludingirra - "Zaman Tüneliyle Yolculuk, 1996
  • İbrahim Peygamber - Sümer Yazılarına ve Arkeolojik Buluntulara Göre, 1997
  • İnanna'nın Aşkı - Sümer'de İnanç ve Kutsal Evlenme, 1998
  • Hititler ve Hattuşa - İştar'ın Kaleminden, 2000
  • Gilgameş - Tarihte İlk Kral Kahraman
  • Ortadoğu Uygarlık Mirası, 2002
  • Ortadoğu Uygarlık Mirası 2, 2003
  • Sümer Hayvan Masalları, 2003
  • Vatandaşlık Tepkilerim, 2004
  • Atatürk Düşünüyor, 2005
  • Bereket Kültü ve Mabet Fahişeliği, 2005
  • Çivi Çiviyi Söker - Muazzez İlmiye Çığ Kitabı con Serhat Öztürk, 2002 (autobiografía)
  • Sümerlilerde Tufan - Tufan'da Türkler, 2008
  1. "Duayen Türk Sümerolog Muazzez İlmiye Çığ, 110 yaşında vefat etti". euronews. 17 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Muazzez Çığ stands among the world’s best Sumerologists" Hürriyet Daily News, 14 de novembro de 2008
  3. University Museum Bulletin, Volumes 16-18. University of Pennsylvania, 1951, p. 9
  4. Belleten, Volume 57, números 218-219. Türk Tarih Kurumu Basımevi, 1993, p. 305