Saltar ao contido

Mubarkah Bent al-Barra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMubarkah Bent al-Barra
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Mauritania Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Mohammed V Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora, tradutora, poetisa Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteArab Women Writers: A Critical Reference Guide, 1873-1999 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata


Mubarkah Bent al-Barra (tamén escrito Mbarka Mint al-Barra), nada en al-Madhardhara en 1957, é unha profesora, escritora e tradutora mauritana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en escolas públicas, e estudou Maxisterio en Nouakchott, graduándose en 1983, no centro onde dá clases. En 1987 rematou un mestrado en literatura magrebí e andalusí na Universidade Mohammed V. É bilingüe en lingua árabe e lingua francesa, e escribe principalmente en árabe.[1]

Investigou sobre a poesía oral de Mauritania, concretamente sobre a tibra, unha forma de posía amorosa que só pode ser recitado en reunións de mulleres. Algunhas destas pezas foron traducidas ao francés. En 1992 publicou a colección Taranimli-Watanin Wahid ("Cancións para un país para todas as persoas"), e en 1998 publicou Al-Shi'r al-Muritani al-Hadith, min 1970 ila 1995 ("Poesía moderna de Mauritania, 1970-1995"). Parte da súa poesía foi recollida en antoloxías en lingua inglesa.[2] Tamén publicou unha obra de literatura infantil, Hikayat Jaddati ("Os contos da miña avoa"), en 1997, e é co-editora dun volume de contos tradicionais.[1] Al-Barra é unha figura destacada na vida cultural do seu país, e participa decote en festivais literarios no mundo árabe.[2]

  1. 1,0 1,1 "Barra, Mubarkah Bent al- (1957–)". JRank. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Mbarka Mint al-Barra’". Poetry Translation. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de novembro de 2016.