Muddy Waters
![]() (1978, Toronto) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1913 ![]() Rolling Fork, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 30 de abril de 1983 ![]() Westmont, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Lugar de sepultura | Restvale Cemetery (en) ![]() ![]() |
Outros nomes | Muddy Waters ![]() |
Grupo étnico | Afroamericano ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantautor, cantante, artista urbano ![]() |
Período de actividade | 1941 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Blues ![]() |
Instrumento | Guitarra, Harmónica e voz ![]() |
Selo discográfico | Testament Records (en) ![]() Chess Records Aristocrat Records (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Fillos | Mud Morganfield, Big Bill Morganfield ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians ![]() |
Sitio web | muddywaters.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
McKinley Morganfield, nado en Rolling Fork (Mississippi) o 4 de abril de 1915 e finado en Westmont (Illinois) o 30 de abril de 1983, máis coñecido como Muddy Waters, foi un cantante de blues estadounidense, considerado o pai do blues de Chicago.
A revista de música Rolling Stone ubicouno no posto número 17 na lista dos mais grandes artistas de tódolos tempos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Waters foi gravado por primeira vez nunha plantación do delta do Mississippi por Alan Lomax para a Biblioteca do Congreso en 1940. Máis tarde, mudouse a Chicago (Illinois).
Salientou polo seu estilo de tocar a guitarra denominado slide. A súa primeira gravación para Chess Records amosaba a Waters en guitarra e vocais, apoiado por un contrabaixo. Logo engadiría percusión e a harmónica de Little Walter para completar a súa clásica formación de blues. Foron célebres as súas xiras polo Reino Unido nos anos 60.
Finou dun ataque ao corazón mentres durmía, en Westmont, Illinois, o 30 de abril de 1983, e foi soterrado no cemiterio de Restvale, en Aslip, preto de Chicago.
Influencia
[editar | editar a fonte]Muddy Waters influíu en artistas punteiros do rock como Elvis Presley, Chuck Berry, Keith Richards, Eric Clapton ou Jimi Hendrix.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muddy Waters ![]() |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Muddy Waters Sings Big Bill (1960)
- Folk Singer (1964)
- Brass and the Blues (1966)
- Electric Mud (1968)
- After the Rain (1969)
- Fathers and Sons (1969)
- The London Muddy Waters Sessions (1972)
- Can't Get No Grindin' (1973)
- 'Unk' in Funk (1974)
- Muddy Water's Woodstock Album (1975)
- Hard Again (1977)
- I'm Ready (1978)
- King Bee (1981)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "100 Greatest Artists". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2018.