Saltar ao contido

Multiplexor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os multiplexores son circuítos combinacionais con varias entradas e unha única saída de datos. Están dotados de entradas de control capaces de seleccionar unha, e só unha, das entradas de datos para permitir a súa transmisión desde a entrada seleccionada cara a dita saída.

No campo da electrónica o multiplexor utilízase como dispositivo que pode recibir varias entradas e transmitilas por un medio de transmisión compartido. Para iso o que fai é dividir o medio de transmisión en múltiples canles, para que varios nodos se poidan comunicar ao mesmo tempo.

Un sinal que está multiplexado debe demultiplexarse no outro extremo.

Segundo a forma en que se realice esta división do medio de transmisión, existen varias clases de multiplexación:

  • Multiplexación por división de frecuencia
  • Multiplexación por división de tempo
  • Multiplexación por división de código
  • Multiplexación por división de lonxitude de onda

Deseño en Electrónica Dixital

[editar | editar a fonte]
Esquema dun multiplexor 2 a 1. Pode ser comparado a un conmutador controlado.

Estes circuítos combinaciónais posúen 2^{n}s     liñas de entrada de datos, unha liña de saída e n entradas de selección. As entradas de selección indican cal destas liñas de entrada de datos é a que proporciona o valor á liña de saída. Cada combinación das entradas de selección corresponde a unha entrada de datos, e a saída final do multiplexor corresponderá ao valor de devandita entrada seleccionada. Para identificar a entrada de selección máis significativa, por convenio esta sempre é a que está máis arriba (de mostrarse de forma vertical) ou máis á esquerda (en horizontal), independentemente da súa etiqueta identificatoria, a non ser que se especifique o contrario.

Tamén se poden construír multiplexores con maior número de entradas utilizando multiplexores de menos entradas, utilizando a composición de multiplexores.

En electrónica dixital, é usado para o control dun fluxo de información que equivale a un conmutador. Na súa forma máis básica componse de dúas entradas de datos (A e B), unha saída de datos e unha entrada de control. Cando a entrada de control ponse a 0 lóxico, o sinal de datos A é conectado á saída; cando a entrada de control ponse a 1 lóxico, o sinal de datos B é o que se conecta á saída.

O multiplexor é unha aplicación particular dos decodificadores, tal que existe unha entrada de habilitación (EN) por cada porta AND e ao final faise un OR entre todas as saídas das portas AND.

A función dun multiplexor dá lugar a diversas aplicacións:

  1. Selector de entradas.
  2. Serializador: Converte datos desde o formato paralelo ao formato serie.
  3. Transmisión multiplexada: Utilizando as mesmas liñas de conexión, transmítense diferentes datos de distinta procedencia.
  4. Realización de funcións lóxicas: Utilizando inversores e conectando a 0 ou 1 as entradas segundo interese, conséguese deseñar funcións complexas, dun modo máis compacto que coas tradicionais portas lóxicas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]