Municipio de Limbaži
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Limbaži (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.852 (2024) (11,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.440,96 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 275.085.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 9.691 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-054 | ||||
O municipio de Limbaži (en letón, Limbažu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021.
Localizado no norte de dito país báltico fai fronteira con Estonia polo norte e fai costa co Golfo de Riga polo oeste.
A súa capital é a cidade de Limbaži.
Ten unha superficie de 2,440.96 km², e unha poboación total de 28,456 persoas na data de finais do 2021 [1]. O Municipio cómponse de : a parroquia de Ainaži,a parroquia de Aloja, a parroquia de Braslava, a parroquia de Brīvzemnieki, a parroquia de Katvari, a parroquia de Liepupe, a parroquia de Limbaži,a parroquia de Pāle, a parroquia de Salacgrīva, a parroquia de Skulte, a parroquia de Staicele, a parroquia de Umurga, a parroquia de Vidriži e a parroquia de Viļķene.
O Municipio pertence por completo á rexión estatística de Vidzeme.
Xeografía e Clima
[editar | editar a fonte]A parte occidental do Municipio ocupa unha gran chaira costeira, con case 60 quilómetros naturais recoñecidos como a Reserva da biosfera Vidzeme norte. A turfeira alta de maior extensión dos estados bálticos atópase neste municipio ata o bordo coa costa que se pecha na vila de Kuiviži, ao norte. En varias vilas da costa pódense atopar cantís ananos (Dunte, Liepupe, Tūja, Ķurmrags, Veczemju). No interior do municipio ao oeste, fóra da costa, atópanse unha serie de lagos (Vitrupe, Svētupe, Vangmuiža) Na parte sur do condado, o visitante pode atopar unha cadea de outeiros ananos nas terras altas de Limbaži, na aldea de Idumeia. O municipio é rico en arxila, grava, area e turba. Os bosques ocupan o 50% do Municipio, os pantanos arredor do 8%.
Ten unha temperatura media de -5 °C en xaneiro, e de +17 °C en xullo. A cantidade de precipitación na parte occidental é de 550 a 600 mm por ano, na parte oriental chega aos 800 mm.
A maioría dos ríos do Municipio de Limbaži desembocan directamente no mar: Salaca, Vitrupe, Svētupe e Aģe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Reserva da biosfera Vidzeme norte