Munin (satélite)
Munin | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | Instituto Sueco para a Física Espacial (IRF)[1] |
Data de lanzamento | 21 de novembro de 2000[2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7320[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5][6] |
Obxectivo da misión | Estudo das auroras polares[3][6] |
NSSDC ID | 2000-075C |
Masa | 6 kg[1][3][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7624 km[2] |
Inclinación | 95,4 graos[2] |
Apoapse | 1790,6 km[2] |
Periapse | 702,2 km[2] |
Munin, nomeado así por un dos corvos mitolóxicos asociados a Odín[7], foi un nanosatélite sueco lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Delta II (Delta 7320) desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, nos Estados Unidos.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]Munin pesaba 6 kg ao lanzamento e consistía nunha estrutura cúbica de 21 cm de lado rodeada de células solares.[8] Foi construído por estudantes con asistencia do Instituto Sueco para a Física Espacial (IRF). Estivo destinado ó estudo das auroras polares, para o cal levaba a bordo un espectrómetro de ións e electróns e un detector de estado sólido para partículas de alta enerxía, así como unha pequena cámara con CCD para fotografar as auroras. O satélite conseguiu datos que eran almacenados na memoria de a bordo, de 2 Mbit de capacidade, para posteriormente envialos á estación terrestre de Kiruna, en Suecia, cada vez que o satélite pasaba sobre ela.[1][3][4]
O último contacto con Munin tivo lugar o 12 de febreiro de 2001. Despois dun reseteo manual da CPU do satélite nunca se recuperou o contacto.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MUNIN" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608). 1 de febreiro de 2001: 6. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ IRF (ed.). "About the Munin Project" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 IRF (ed.). "The Munin Nanosatellite" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.