Saltar ao contido

Murchisonella dubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Murchisonella dubia é unha especie de molusco gasterópodo da subclase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, e familia dos murquisonélidos, unha das integradas no xénero Murchisonella.[1][2][3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 2013 polos malacólogos españois Anselm Peñas (catalán) e Emilio Rolán (galego),[1][2][3] no seu traballo "Revision of the genera Murchisonella and Pseudoaclisina (Gastropoda, Heterobranchia, Murchisonellidae)", publicado nese ano en Vita Malacologica 11: 15-64.[1][3]

A especie tipo foi capturada en augas da praia Momo (Momo beach) da illa de Panglao, das Visayas Centrais, (Filipinas), a unha profundidade de entre 0 e 3 m.[4]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Murchisonella curvistriata vive sobre sedimentos mariños pouco profundos do Pacífico sur.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Peñas, A. & Rolán, E. (2013): "Revision of the genera Murchisonella and Pseudoaclisina (Gastropoda, Heterobranchia, Murchisonellidae)". Vita Malacologica 11: 15-64.
  • Warén A. (2013): "Murchisonellidae: who are they, where are they and what are they doing? (Gastropoda, lowermost Heterobranchia). Vita Malacologica 11: 1-14.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]