Saltar ao contido

Mursego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mursego
Ladyfest Madriz 2010, CSA Tabacalera
OrixeÉibar, País Vasco País Vasco
Xénero(s)experimental
MembrosMaite Arroitajauregi
Na rede
Mursego en Bandcamp
MySpace: mursego Musicbrainz: 6bb187a8-7736-4705-ac27-f8e594a8e35c Songkick: 3897801 Discogs: 1783819 Editar o valor en Wikidata

Mursego é o proxecto musical da compositora e violoncellista vasca Maite Arroitajauregi, nada en Éibar (Guipúscoa) en 1977.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É graduada en violoncello pola Escola de Música de Vitoria. Participou como cellista noutros proxectos musicais do País Vasco, como Japan Gora, Napoka Iria, Kokein, Miztura, Lisabö, Kashbad, Anari ou Manett. Entre os elementos que utiliza nas súas composicións, ademais do cello, atópanse o loop station, chiflo, pratos chineses, frauta de émbolo, theremín, pandeireta, ukelele, autoarpa, rimas, palmas e voz.

Aínda que a súa principal formación provén da música clásica, tamén recibiu influencia de grupos de música popular e rock, como Hello Cuca, Lida Damunt, Fugazi, Pixies, Sonic Youth, Atahualpa Yupanqui, Víctor Jara, Mikel Laboa ou Matt Elliott.[2] Tamén compuxo a banda sonora de diversos proxectos cinematográficos.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Bat (2009)
  • Bi (2010)
  • Hiru (2013)
  • Mursegokeriak (2013)

Bandas sonoras

[editar | editar a fonte]
  • Invisible (2012)[3]
  • Emak Bakia (2013)[4]
  • Amama (2015)
  • Habitar (2015)
  1. "Mursego". 
  2. "Música para un murciélago surrealista". 
  3. "Cine invisible Mursego". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2013. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  4. "director Emak Bakia". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]