Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos | |
---|---|
Coordenadas | 38°53′29″N 77°01′33″O / 38.8913, -77.0259 |
País | Estados Unidos de América |
Cidade | Washington, D.C. |
Tipo | Historia natural |
Administrador | Instituto Smithsoniano |
Director | Kirk Johnson e Richard S. Fiske |
Construción | 17 de marzo de 1910 |
Inauguración | 17 de marzo de 1910 e 1910 |
Na rede | |
https://naturalhistory.si.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos (coñecido no mundo anglosaxón simplemente como National Museum of Natural History) é un museo administrado polo Instituto Smithsoniano, localizado na National Mall da capital estadounidense, Washington D.C.
As coleccións do museo totalizan máis de 125 millón de espécimes de plantas, animais, fósiles, minerais, rochas, meteoritos e obxectos culturais humanos.
O museo é o segundo máis visitado dos museos smithsonianos. Ademais, no museo traballan máis de 185 profesionais da historia natural, o grupo máis grande dedicado ao estudo cultural e natural do mundo.
O museo fundouse en 1910, e o edificio foi deseñado por Hornblower & Marshall. O edificio, de estilo neoclásico, foi o primeiro en construírse no lado norte da National Mall, ao longo da Constitution Avenue, como parte do plan da Comisión McMillan, en 1901.
As coleccións máis importantes da planta baixa (entrada pola National Mall) encóntranse na sala de mamíferos "Kenneth E. Behring", que mostra mamíferos taxidermizados de especies procedentes de todo el mundo, algúns dos cales foron coleccionados polo presidente Theodore Roosevelt.
Tamén no primeiro andar se encontra a sala na que o museo expón seus fósiles e esqueletos de dinosauros. Próxima á sala dos dinosauros encóntrase a exposición sobre a evolución da Terra, que transporta no tempo aos visitantes até o Precámbrico.
Outras salas mostran, por exemplo, coleccións de obxectos de culturais orientais.
A primeira planta conta coa Colección Nacional de Xemas, na sala de xeoloxía, xemas e minerais "Janet Annenberg". O obxecto máis destacado é o diamante Hope.
Tamén na primeira planta está o zoolóxico de insectos "Orkin". O resto da planta está ocupado cun cinema IMAX, que proxecta filmes da vida silvestre, xeografía e natureza.
No soto encóntranse a tenda do museo, a cafetaría e o auditorio. Pódese contemplar unha colección de 100 aves que viven na zona metropolitana de Washington D.C.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Rotonda polo día
-
Rotonda pola noite
-
Sala dos dinosauros
-
Sala dos mamíferos
-
Sala da vida oceánica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos |