Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo
Aparencia
(Redirección desde «Museo da Catedral de Lugo»)
Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo | |
---|---|
Coordenadas | 43°00′33″N 7°33′30″O / 43.0092, -7.5583 |
País | España |
Cidade | Lugo |
Tipo | Eclesiástico, histórico e cultural |
Administrador | Diocese de Lugo |
Inauguración | 1918 |
Na rede | |
https://www.mdclugo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un museo situado en Lugo, que acolle pezas de distinto interese, sobre todo de carácter relixioso.
Descrición
[editar | editar a fonte]O museo Diocesano atópase dentro da Catedral de Lugo. Foi fundado en 1918 por Alfredo Lorenzo López. Accédese ao mesmo a través do claustro proxectado por Frei Gabriel das Casas e executado por Fernando de Casas Novoa entre 1708 e 1714. O museo está formado polo claustro, o triforio da catedral e outras dependencias próximas. No museo expóñense máis de dúas mil pezas de diverso carácter e interese, a máis importante das cales, e máis coñecida, é o Crismón de Quiroga de comezos do século V.
Despois de tres anos de reformas, reabriu en 2017.[1]