Viaduto da Chanca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Viaduto da Chanca | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 43°00′43″N 7°32′46″O / 43.01191, -7.546201 |
Río | Río da Chanca |
Concello | Lugo |
Provincia | Lugo |
Características | |
Construción | 1874 |
Lonxitude | 298 m. |
Gálibo | 29 m. |
Material | Cadeirado de granito e xistos. |
O viaduto da Chanca é unha obra de enxeñería construída en Lugo para o paso do ferrocarril da liña A Coruña-Palencia. O viaduto cruza o val que forma o río da Chanca (nome co que tamén se coñece o río Rato despois de recibir as augas do río Fervedoira). Ten unha lonxitude de 298 metros e 29 de máxima altura, con 20 arcos de medio punto peraltados, todos de 9,5 m de luz, construídos en cadeirado de granito e xistos.
A súa construción levou tres anos, de 1871 a 1874, baixo a dirección do enxeñeiro Ángel García del Hoyo e inaugurouse en maio de 1880. Rematadas as obras desta ponte, que constitúe unha das construcións ferroviarias máis importantes de España, chegou o primeiro ferrocarril á cidade de Lugo o 5 de outubro de 1875 procedente da Coruña.