Saltar ao contido

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Museo de Ourense»)
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tipomuseo arqueolóxico e monumento
Data de fundación1845
Localización
SedeOurense
EnderezoRúa Santa María, 1, 32005 e Edificio Santa María de Europa, Rúa Xílgaros s/n.
EnOurense
PaísGalicia
42°20′08″N 7°51′49″O / 42.335467, -7.863726
Na rede
https://musarqourense.xunta.gal/ e http://www.musarqourense.xunta.es
BNE: XX127677
editar datos en Wikidata ]

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de Ourense ao carón da Casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).

O actual museo ten a súa orixe no ano 1845 cando a Comisión Provincial de Monumentos creou o Museo de Pinturas de Ourense, que abriu as súas portas o 1 de novembro de 1846. En maio de 1895 a propia Comisión decidiu a creación dun Museo arqueolóxico provincial que recollería os fondos do anterior museo así como as pezas arqueolóxicas que se foran atopando na provincia. Foi creado un ano despois, en 1896.

A comezos do ano 2002, o museo pechou ao público para acometer obras de remodelación en profundidade. Os servizos do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de 2006, baixo o título Escolma de Escultura na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais.

O edificio: O Pazo Episcopal

[editar | editar a fonte]
Escudo na fachada.

A súa sede é o antigo Pazo Episcopal, edificio de fábrica románica iniciado no ano 1131, en tempos do bispo Diego de Velasco e que sufriu diversas transformacións en estilo gótico (Torre de Santa María), renacentista (soportal ao xardín, cuartos...) e barroco (portada, patio dianteiro).

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico polo Decreto de 3 de xuño de 1931.

O Museo ocupa o actual edificio desde o ano 1951. O edificio foi obxecto de estudos arqueolóxicos (o que obrigou a pechar o museo desde o ano 2002) ó aparecer evidencias da ocupación do terreo desde época romana.

As coleccións

[editar | editar a fonte]
Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo.

A sección de arqueoloxía acolle pezas da prehistoria e das idades Antiga e Media. Hai elementos do megalitismo, da idade de bronce (A Pedra Alta, espada de Mouruás), da cultura castrexa (figuras dos Guerreiros, estatua de Dioniso e Ampelos e cabeza de guerreiro de Rubiás), da romanización e do prerrománico.

A sección de Belas Artes mostra esculturas do renacemento e barroco (como a Inmaculada de Juan de Juni ou cinco taboleiros do coro de Montederramo) e pinturas dos séculos XIX e XX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]