Cemiterio de San Francisco de Ourense
O Cemiterio de San Francisco é un dos tres camposantos da cidade de Ourense, xunto co de Santiago das Caldas (do antigo concello de Canedo) e o de Santa Mariña. No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media e o Antigo Réxime as persoas mortas adoitaban ser soterradas no interior das igrexas ou en camposantos arredor delas, como a Praza da Magdalena. A Real Orde do 30 de xuño de 1814 establecía, por motivos de salubridade, a construción de cemiterios fóra dos núcleos urbanos. En 1822 o convento de San Francisco de Ourense cedeu uns terreos a carón o lado do seu convento, a carón doutro mercado polo Concello no mesmo ano á marquesa viúva de Bóveda de Limia. Este terreo formaba parte dunha viña que pertencera en 1665 a Benito de Lemos Bolaño, rexedor de Ourense e dono do pazo de Piñor, herdada por José Noguerol do seu avó o escribán Diego Sánchez Cid Herrera, casado con María Feijoo, filla do primeiro matrimonio da avoa de don Benito de Lemos. Diego Sánchez Cid Herrera e María Feijoo foron soterrados na igrexa do convento de San Francisco, trasladada no século XIX a carón do parque de San Lázaro logo da desamortización.
O cemiterio foi inaugurado o 9 de maio de 1834, coa bendición do terreo por parte do bispo Dámaso Egidio Iglesias Lago. En 1887 o Concello construíu un cemiterio laico para acoller as persoas non católicas, principalmente protestantes e ateas. No século XX o espazo foi ampliado cara ao leste en dirección á zona de Montealegre.
No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu patrimonio monumental, histórico e artístico.[1][2] Existen lápidas, panteóns e mausoleos deseñados polos escultores Francisco Piñeiro Reigosa, o seu fillo Daniel Piñeiro, Manuel Malingre Parmentier, Victorio Macho, Antón Faílde Gago, Nicanor Carballo Garrido, Francisco Planás, Aniceto Justo Rodríguez, Felipe Oñate Castro ou o marmorista José Taboada González.
O cemiterio ten unha Asociación de Amigos, da que foi presidente de honra o poeta José Ángel Valente, soterrado no propio cemiterio desde o seu falecemento no ano 2000.
Persoeiros inhumados
[editar | editar a fonte]Algúns persoeiros enterrados no camposanto:
- Ramón Otero Pedrayo
- Ramón Pedrayo Silva
- Eladia Pedrayo
- Josefa Bustamante Muñoz
- Eduardo Blanco Amor
- Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben-Cho-Shey"
- Florentino López Cuevillas
- Pío Ramón Ojea
- Alberto Vilanova
- Xaquín Lorenzo "Xocas"
- Xurxo Lorenzo Fernández
- Manuel Peña Rey
- Marcelo Macías
- Manuel Prego de Oliver
- Manuel Martínez-Risco
- Juan Manuel Paz Novoa
- Ramón Parada Justel
- Celso Vázquez-Gulías
- Gumersindo Parada Justel
- Jesús Soria
- Luís Trabazo
- Cándido Fernández Mazas
- Eduardo Moreno López
- Luís Fábrega Coello
- Pura Vázquez
- Dora Vázquez
- Juan Saco Maureso
- Anselmo López Morais
- Antón Tovar
- Ricardo Outeiriño
- Alejandro Outeiriño
- Olga Gallego
- José Fernández Vide
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo
- Eleuterio González Sanjurjo
- Xavier Prado Rodríguez
- Valentín Lamas Carvajal
- José Ángel Valente
- Emilio Amor Rolán
- Camilo Feijoo Sotomayor
- Alejandro Rodríguez Veiras
- Pobre Asunción. Asunción foi unha muller ourensá, asasinada por unha exparella súa o venres santo de 1891, que lle disparou ao vela acompañada doutro home. Na súa lápida, deseñada por Juan Xesta, aparece o texto "¡Pobre Asunción!. Viernes S.Tº. del 91". É o primeiro caso de violencia de xénero documentado en Galicia, e cada 25 de novembro (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller) na súa tumba realízase unha ofrenda floral.
- Finados pola represión durante a guerra civil española
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sepultura de Xaquín Lorenzo
-
Sepultura de Alberto Vilanova
-
Sepultura de Asunción González
-
Sepultura de Eduardo Blanco Amor
-
Sepultura de Ramón Otero Pedrayo
-
Sepultura de Camilo Feijoo de Sotomayor, vizconde de San Rosendo e Marqués de Santa Ilduara
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto 31/2000, do 11 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de monumento, a favor do cemiterio de San Francisco…"". DOG (37). 23/2/2000.
- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de San Francisco de Ourense |
A Galipedia ten un portal sobre: Ourense |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O cemiterio de San Francisco. Concello de Ourense.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Persoas inhumadas no Cemiterio de San Francisco de Ourense segundo Wikidata.
- Cemiterio de San Francisco de Ourense na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.