Dora Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1913 Ourense, España |
Morte | 23 de setembro de 2010 (97 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Familia | |
Irmáns | Pura Vázquez |
Premios | |
Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010[1] na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse na cidade da Coruña dos seis aos trece anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de correos e poeta afeccionado,[2] fose sancionado durante a guerra civil. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Ourense en 1933 e exerceu en Teimende, no concello de Parada de Sil, durante dez anos e en Larín, no concello de Arteixo, outros quince anos ata a súa xubilación anticipada por motivos de saúde. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2005.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Comezou a publicar artigos no xornal La Noche de Santiago de Compostela, publicou en numerosas publicacións galegas e de América. Aínda que escribiu poesía, Dora, dedícase sobre todo á narrativa con especial dedicación á infantil e xuvenil, á que lle dá un sentido exemplarizante e didáctico.[4]
Produción literaria en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Un poema cada mes, 1969, edición da autora.
- Irmá, 1970, edición da autora.
- A xeito de antoloxía, 1992, edición da autora.
- Madeixas debandando, 1997, Concello de Arteixo.
- Pasatempo ferido de versos, 1999, edición da autora.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Bergantiñá, 1968, edición da autora.
- A Malpocadiña: memorias, 1996, Deputación de Ourense.
- O agro: un mundo aberto, 2001, edición da autora.
- Noelia, 2001, edición da autora.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Mulleres amadas por grandes homes, 1993, Ediciós do Castro.
- Soñando con Ourense, 1995, Concello de Ourense.
- Galicia: cousas e xentes, 1997, Deputación da Coruña.
- Ronseis: cabos soltos dunha historia, 1997, edición da autora.
- Letras no tempo, 2002, edición da autora.
- Cadros (reais, de amor, vida, agro e teatro), 2003, edición da autora.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Campo e mar aberto, 1975, Celta.
- Contos para nenos e nenas, 1996, edición da autora.
- O troleiro e outros contos, 2000, Ediciós do Castro.
- A pombiña de Deus, 2002, publicada en Internet.
- Os meus últimos contos para nenos e mozos, 2004, Deputación de Ourense.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Tres cadros de teatro galego, 1973, edición da autora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos pra nenos, 1979, Galaxia.
- IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Poetas e narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Obras con Pura Vázquez
- A nena que iba á busca de un corazón, en Monicreques, 1974, La Región.
- Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
- Augas soltas no volume Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
- Don Rato busca un obreiro e Xuicio no bosque, ou soñar non costa nada, en Ronseles, 1980, La Región.
- Viaxe ao país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
- Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.
Produción literaria en castelán
[editar | editar a fonte]- Palma y corona (historias santas), 1964, Escuela Española.
- Caminos de plata y sol, 1966.
- Fantasías infantiles, 1980.
- Oración junto al camino, 1985, Rondas. Traducido ao galego como Oración xunto ó camiño, 1996, edición da autora.
- Amor y paz, 1998, Caixa Ourense.
- Obras con Pura Vázquez
- Los poetas, 1971, edición da autora.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por Estreliña do mar.
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1976, por Cascabel, o cabaliño do circo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falece a escritora Dora Vázquez aos 97 anos de idade Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia o 24 de setembro de 2010.
- ↑ Entrevista a Pura Vázquez Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 4 de novembro de 2007
- ↑ Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega
- ↑ Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 600
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.