Ricardo Outeiriño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Ourense, España |
Morte | 25 de xaneiro de 1986 (81/82 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Agustín Ricardo Outeiriño Rodríguez, nado en Ourense en 1904 e finado na mesma cidade o 25 de xaneiro de 1986, foi un xornalista e editor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Alejandro e José Luis Outeiriño Rodríguez. Realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Foi director do semanario Heraldo de Galicia e do xornal Galicia. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, cando este se integrou na Fronte Popular, pasou á fracción dereitista con Vicente Risco. Dirixiu o diario La Región, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alejandro, entre 1932 e 1968. Fundou a revista Misión en 1937. Escribiu varias comedias e contos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Outeiriño Rodríguez, Agustín Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 53.
- "Outeiriño Rodríguez, Agustín Ricardo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.