Saltar ao contido

Pobo muskogee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Muskogee»)
Pobo muskogee
Bolsa muskogee, c.1820.
Poboación
Poboación total:
88 332 (2010)
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos88 332 (2010)
Aspectos culturais
LinguaLingua muskogee, mikasuki e inglés
RelixiónProtestantismo, Sociedade das Catro Nais
Grupos
relacionados
Pobos muskogees: alabama, koasati, mikasaki, chickasaw, choctaw e seminole

Os muskogee,[1] tamén coñecidos como creek e confederación creek, son un grupo de pobos indíxenas das terras boscosas do sueste dos Estados Unidos.[2] Mvskoke é o seu autónimo. Orixinarios de Tennessee, Xeorxia, Alabama e o norte de Florida,[3] os muskogee foron forzados a trasladarse a comezos do século XIX ó Territorio indio (actual Oklahoma), Alabama, Luisiana e Texas. As súas linguas, o muskogee e o mikasuki, pertencen á póla oriental das linguas muskogees.

Os muskogee son descendentes dos pobos da cultura do Mississippi, que construíron montículos nas distintas xefaturas rexionais localizadas ó longo do val do río Mississippi e os seus afluentes. Os primeiros exploradores españois encontráronse cos devanceiros dos muskogee cando visitaron as xefaturas da cultura do Mississippi a mediados do século XVI.[4]

Os muskogee foron os primeiros nativos americanos en ser considerados "civilizados" baixo o plan de George Washington. No século XIX, os muskogee eran coñecidos como unha das "cinco tribos civilizadas", xa que integraran numerosas prácticas culturais e tecnolóxicas traídas polos europeos. Influenciados polas interpretacións proféticas do cometa de 1811 e un terremoto, as vilas altas dos muskogee, apoiados polo líder shawnee Tecumseh, comezaron a resistir ós europeos americanos. As divisións internas coas vilas baixas que deveron na guerra creek, (1813–1814) e provocaron unha guerra civil entre as nacións muskogee. As bandas creek do norte loitaron na guerra de 1812 contra os Estados Unidos, mentres que as bandas creek do sur permaneceron aliadas ós Estados Unidos. O xeneral Andrew Jackson viu a oportunidade de empregar esta rebelión como unha excusa para loitar contra tódolos creek unha vez que o alzamento dos creek do norte foi sufocado coa axuda dos creek do sur. O resultado foi o debilitamento da nación creek e a cesión forzada de terras ós Estados Unidos. Durante o deportación de indios da década de 1830, moitos muskogee foron obrigados a trasladarse ó territorio indio.

  1. Definición de muskogee* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Transcribed documents Arquivado 13 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Sequoyah Research Center and the American Native Press Archives
  3. Fogelson ix
  4. Walter, Williams (1979). Southeastern Indians: Since the Removal Era. Athens, Xeorxia: University of Georgia Press. pp. 7–10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]